Os amorodos e a música tradicional xúntanse na Festa das Fresas de Eirís
Actividades e actuacións a partir das 12.00 horas na cúpula do parque do barrio da Coruña

Degustación de fresas en la fiesta del pasado año / Germán Barreiros / Roller Agencia
Á. Abeledo
A música e os amorodos chegan outro verano máis a cúpula do parque de Eirís. Este martes, a partir das 12.00 horas, comezará a Festa das Fresas coa actuación da Asociación Cultural Folerpas. Media hora despois, inicia a visita guiada polas Eco-Hortas. «En Eirís hai unas hortas municipais que levan moitos anos funcionando, funcionan cun sistema absolutamente ecolóxico, no que non está permitido utilizar ningún tipo de químicos», explica a presidenta da Asociación veciñal de Eirís Uxió Carré, Mónica Díaz. Nesta visita explican os tipos de cultivo, como funciona o proceso de sementar e como se traballa na horta. «É algo que gusta moito entre a xente maior e aos máis pequenos», indica.
Para os nenos e nenas teñen preparado ás 13.00 horas a festa da escuma, e pola tarde ás 17.00 horas actuará A Tropa de Trapo da man de Cascarillarte, co espectáculo Contos de nenas grandes e pequenas. Para os mais futboleiros haberá 3 partidos do Eirís SD. Ás 18.00 horas xoga o xuvenil, as 19.00 horas o feminino e ás 21.00 horas o equipo de afeccionados.
A música tradicional é unha parte fundamental da festa . «Este ano hai música pola mañá e pola tarde. Eirís ten moita tradición de música tradicional galega, temos moita xente gaiteira e que lle gusta o baile», engade Díaz. As 18.00 horas actuará Donaire e as 21.00 horas tocará o grupo Culimaia.
Ás 19.00 horas comezará a degustación gratuíta de amorodos, na que reparten arredor de 300 kilos. «Ata agora dependíamos de doazóns, pero nos últimos anos a produción de cerca non é moi abundante, hai pouca.Polo que xa o ano pasado tivemos que comprar», explica Díaz.
Dende a asociación veciñal din que hai relevo xeneracional para continuar con esta tradición. «Para colaborar hai xente dabondo, moitos veciños botan unha man o día da festa, non temos queixa», sinala. A chegada de xente de fóra ao barrio reforza a súa entidade e acollen a todo o que queira unirse as súas festas.
- Dos cadenas abren en Marineda City sus primeras tiendas en Galicia, donde habrá nuevas inauguraciones
- Accidente mortal en A Coruña: una fallecida al salirse un coche de la calzada en Alfonso Molina
- Estas son las 14 rutas que propone Aena para el aeropuerto de A Coruña: de Palma de Mallorca a París
- De ilusión a pesadilla: Una artesana abandona el poblado navideño de A Coruña tras volar el techo de su puesto
- El mercado de Navidad de María Pita, «adecuado» y con público según el Concello de A Coruña
- La huelga de bus en A Coruña volverá este viernes 12 de diciembre sin previsión de cumplir mínimos
- El auténtico sabor de China se extiende a Monte Alto: «Para nosotros, A Coruña es la ciudad ideal»
- Cabalgata de Reyes de 2026 en A Coruña: Consulta aquí el recorrido y el horario