Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entrevista | Tamara Costas Pandereteira das Lagharteiras

Tamara Costas: «O sábado é un día para que a xente se desquite»

O grupo tradicional de Mos Lagharteiras actuarán este sábado en Santa Margarita

As Lagharteiras. |  Tiago Pereira

As Lagharteiras. | Tiago Pereira

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Á. Abeledo

A Coruña

De onde vén o nome de Lagharteiras?

Lagharteiras vén dunha señora que vivía na Ermida de Pazos de Borbén, en Pontevedra. Foi un sitio no que sempre nos acolleron coas portas abertas e nos contaron moitas historias e cantares. Unha delas era María, o seu alcume era lagharteira entón en homenaxe a todas esas mulleres das que tanto aprendemos decidimos poñernos Lagharteiras.

Como é o traballo das Lagharteiras facendo recollidas?

A maioría do grupo somos mestras de música tradicional e levamos moitos anos indo polas distintas aldeas de Galicia escoitando a xente maior sobre como bailaban e cantaban. Nós facemos un traballo de recollida, divulgación e conservación do patrimonio. Traballamos moito coas músicas e instrumentos. Tamén temos o proxecto de recollida de vestimenta tradicional.

O grupo nace en 2007, pero en 2010 pasou a formar unha asociación cultural.

Simplemente foi un proceso burocrático, eramos un grupo de amigos que estabamos vencellados a música tradicional e por inquietudes similares decidimos facer un proxecto un pouco máis noso.

Que supuxo para o grupo colaborar con C. Tangana?

Foi un orgullo sobre todo porque veu unha persona de fóra a darlle valor ao noso. Con nós fixeron un traballo espectacular e foi un recoñecemento bonito.

Que significa para vostedes tocar na Romaría de Santa Margarita?

É a nosa primeira vez e estamos encantadas porque é un cartel cheo de amigos e xente que admiramos. O programa é espectacular, creo que un concello como A Coruña que peche as súas festas coa romaría de Santa Margarita é marabilloso e un orgullo.

Que teñen preparado para a actuación deste sábado?

O sábado é un día para que a xente se desquite. Tocaremos parte do noso repertorio con forza e haberá algunha sorpresa.

Tracking Pixel Contents