Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

'Regatos polo aire': Un legado artesanal de cine

A curta ‘Regatos polo aire’ de Xacio Baños e Tamara Canosa busca revalorizar o proceso das sellas e a importancia da auga en Galicia. Os directores teñen previsto presentala no mes de novembro

Os artistas Xacio Baño e Tamara Canosa

Os artistas Xacio Baño e Tamara Canosa / Alén Canosa

Á. Abeledo

A Coruña

Os procesos artesanais pásanse de xeración en xeración, e a cultura que garda Galicia coa auga é un coñecemento que pedura na memoria da xente que o vive e viviu. O artista e socio de Rebordelos Xacio Baño pretende crear unha curta documental que capture o saber, as ferramentas e o proceso de elaboración das sellas. Aparte tamén tratará o tema da relación entre Galicia e a auga.

Rebordelos é o espazo de traballo no que Xacio Baño e Tamara Canosa crean proxectos artísticos. Ambos participan na proposta Regatos polo aire financiada pola Deputación dentro do primeiro Fondo de apoio a proxectos culturais singulares para a mellora social. O obxectivo principal da proposta é capturar un coñecemento en perigo de extinción. «Hai uns anos fun ao instituto As Mariñas, en Betanzos e fixen unha película cos rapaces. Dentro dos retratos que fixemos apareceu un home que se dedica a restaurar e facer sellas, é o último selleiro galego», di Baño.

Escolleron a curta documental como vía de expresión polo seu formato. «É moi atractivo e hipnótico de ver», indica. A través do filme explicarán a profesión e grabarán todo o proceso artesanal, recollendo os sons da madeira e do ferro. «É perfecto para que el conte a súa historia, e para que nos contemos o relato das sellas e dos augadores», sinala Baño.

Outro dos eixos do proxecto é a relación de Galicia coa auga, e todas as figuras que nacen arredor desta. «Galicia é como é grazas a auga. Esta está moi presente na cultura, nos cánticos, e nos espazos culturais. Críamos que podía estar ben que este tema nos acompañase no proxecto», explica. Mediante a información que recollan farán unha publicación literaria. «Queríamos facer un libro onde ter unha capa de textos, imaxes e cadros sobre a cultura de Galicia coa auga», indica Baños.

A Curta comezou coas grabacións a finais de agosto, e en novembro teñen previsto facer presentacións do proxecto en fontes emblemáticas da zona. «Este tipo de xuntanzas é algo que se está a perder, querémoslle dar importancia ao espazo público e presentar aí o libro», explica. As fontes que se usen de punto de encontro serán as do Concello da Coruña, e contarán con intervencións musicais para amenizar as presentacións. «Así a xente pode ver que un día calquera acontecen cousas arredor dunha fonte, dun espazo común», sinala Baño.

Buscan que a xente poida escoitar os concertos coa auga de fondo. «Hai varias opcións para as intervencións sonoras, como a cantante Faia e o grupo A Torna» afirma. Unha vez rematado o proxecto, subirano a internet.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents