Dolores Barral, Numeraria no Instituto Cornide: «Hai que amosar a cara da clausura para fóra, a historia das historias das monxas»
A historiadora da Arte Dolores Barral Rivadulla ingresou onte como Numeraria no Instituto Cornide de Estudos Coruñeses cunha conferencia titulada ‘O convento de Santa Bárbara, case cinco séculos de historia de frailas terciarias’

Dolores Barral / CASTELEIRO
As clarisas levan cinco séculos na Cidade Vella, pero nunha sorte de coexistencia paralela coa vida da cidade. Son as grandes descoñecidas. Que segredos gardan as Bárbaras?
Totalmente. A súa fundación remóntase a mediados do século XV. En realidade, ata hai relativamente pouco, en termos históricos, non foron clarisas. Ata 1912, concretamente. A xente pensa que sempre foron clarisas, e, durante cinco séculos, as monxas que estiveron eran da Orde Terceira Regular franciscana, que é unha das ramas do franciscanismo. Despois, tamén hai espazos que a xente non coñece: diversas salas de dormitorios, un claustro, un pozo, a parte da muralla que dá ás súas hortas, a primeira construción de dormitorios. É amosar a cara da clausura a fóra, a historia das historias das monxas, como todo o legado que garda o arquivo conventual, que é un arquivo cun acceso restrinxido, como podes imaginar
Non é certo grao de segredo e de escuridade consubstancial á vida de clausura?
Non tanto iso, é que ninguén tivo nunca a intención. Só nos anos 50 do século XX, Félix Estrada Gallargo, que foi un historiador coruñés, achegouse polo convento, e fixo un primeiro traballo de achegamento ao convento que non viu a luz. Nos anos 90 cheguei eu cunha tese de doutoramento para facer, e a min abríronseme todas as portas. Non houbo un non en ningún momento, só que as monxas viven a súa relixiosidade, os seus ritmos, no interior do convento, e nin elas mesmas sabían todo o que alí tiñan: nin os libros, nin os pergameos, nin nada, porque iso formaba parte da propia historia do convento. Iso si: tiñan todo gardado perfectamente, non hai nin polilla. É algo que non estaba no seu día a día, porque non lles requiría tempo material da súa vida de comunidade.
Leva 30 anos estudando a cuestión. Houbo cambios? É un universo tan estático como semella dende fóra?
As comunidades están enteradas do que pasa no mundo, o que pasa é que non teñen periódico. Non reciben prensa, de cando en vez alguén lles leva un xornal ao torno, ou algunha revista. De feito, a congregación de Santa Clara fai que os conventos distintos estean comunicados entre si, teñen móbil, é dicir, non son alleas ao mundo no que viven. Saben as necesidades que hai, poden falar de Gaza, o outro día falabamos do actual Papa... o que pasa é que os seus intereses non son mundanos. Queren garantir a súa forma de vida por medio deses doces que agora venden, e preservar o seu ritmo, que é totalmente pautado. Teñen unha ou dúas horas libres, se non lles vai un sacerdote, ou un organista que lles está ensinando a cantar, o outra que lles está ensinando a falar ben español, porque hai varias de orixe africana. Logo podes atopar cousas como unha bicicleta estática. O que pasa é que o seu mundo, digamos, non é deste mundo. Elas están vinculadas á oración e á busca dun mundo mellor a través da oración. Agora, é certo que, nos últimos 30 anos, gañaron bastante na calidade de vida, polas melloras que se fixeron nas infraestruturas. Viven moito mellor dende que se dedican á pastelería e non á la lavandería industrial, que era moi escrava. Antes facían a lavandería de varios hoteis da Coruña, e, ás veces, era imposible manter os horarios.
Que manifestacións patrimoniais atopou intramuros, descoñecidas ata para as súas residentes?
O delas é moi gracioso, porque con cada cousa que lles contas están entusiasmadas, como se lle contas un conto. A nai abadesa pediume que vaia un domingo a facer a mesma lección que vou defender para as máis novas, tamén para que teñan máis referentes do pasado histórico. Hai toda unha documentación riquísima, con moitos aspectos que eu non trato. Eu non analizo, dende un punto de vista económico, os carros que pagaban de trigo, onde estaban as distintas doazóns ou terras que tiña o convento. Traballo máis a parte da condición das mulleres, de como viven, das comunidades, da historia do edificio, dos destrozos e dos arranxos. É un patrimonio que se presenta á comunidade por primeira vez, porque todo o mundo saca a foto na praza, pero saben o dos ovos e pouco máis.
- Abre al público el primer local comercial del barrio de Xuxán en A Coruña
- Arranca en A Coruña tras once años de espera la obra del nuevo mercado y centro de salud de Santa Lucía
- Luz roja del Ayuntamiento de A Coruña al proyecto de 100 viviendas entre A Maestranza y Metrosidero
- Cocinas de A Coruña que brillan en pocos metros cuadrados: 'El truco está en la organización y la comunicación constante
- La Xunta ordena suspender el cambio que dio más usos a Espacio Coruña
- Así era Dolce Vita, el centro comercial de A Coruña que cerró al abrir Marineda City y que ahora se transformará en Breogán Park
- Tres desayunos para dar la vuelta al mundo sin salir de A Coruña: 'En Perú desayunamos fuerte porque trabajamos mucho
- Las nuevas terrazas de A Coruña: estos son los colores que podrán tener con la nueva normativa