Arturo Lezcano presentou ‘O país invisible’ nun acto cheo de historias e de emocións
O xornalista encheu o Circo de Artesáns para falar do gran libro da diáspora galega

Nacho Carretero e Arturo Lezcano. | Carlos Pardellas
O libro dunha vida do xornalista coruñés Arturo Lezcano, o libro que precisaba a diáspora galega para establecer o relato dunha epopeia moitas veces silenciada ou branqueada, viviu onte a súa presentación no Circo de Artesáns da Coruña. Co tamén xornalista Nacho Carretero como introductor e cunha hora e media de charla ante unha sala chea, atenta e entregada, O País Invisible xa ten menos segredos para moitos coruñeses. O acto foi tamén unha invitación para acudir ás librarías para poder ler esas 600 páxinas, nas edicións en galego e castelán, que prepararon o autor e a editorial Libros del KO.
A publicación leva o lector, a través de pequenas e grandes historias, a facer un percorrido país a país e cidade a cidade por toda América para atopar e sacar a luz a pegada da viaxe vital, moitas veces de ida e volta, de preto de dous millóns de galegos que cruzaron o charco entre 1830 e 1950. Só a emigración irlandesa foi de maior dimensión e a galega sitúase por riba da de Italia. Figuras esquecidas como as de Xosé Fontenla Leal ou Antonio Alonso Ríos foron reivindicadas polo autor, que tamén puxo o seu ollar sobre Pepe La Muerte, lugar tenente de Lucky Luciano. Todos eles galegos. A mañá rematou cunha longa ovación.
- Julio Llamazares, en A Coruña: «España será normal cuando se hable de la Guerra Civil como un pasaje histórico»
- El Supremo hace pagar al Concello de A Coruña por prorrogar una concesión sin límites
- Promotores de Visma alejan los nuevos edificios de Os Mariñeiros
- Catorce metros de memoria de A Coruña en un almacén: las primeras imágenes de la estatua a los Hermanos de la Lejía
- Vogue convierte las calles de A Coruña en escenario de su editorial de otoño
- La nueva estación de autobuses de A Coruña encara la recta final de la obra con la estructura acabada
- A Coruña antes de Marineda City: cuando la ciudad inauguró su primer, y polémico, centro comercial del siglo
- Uno de los planes más esperados de la Navidad regresa a A Coruña