Versos para un século de rañaceos no que latexa o espírito da Coruña: "O reto non foi gañar o premio, foi facer o poema"
A poetisa Lucía Aldao acaba de gañar a última edición dos Juegos Florales, adicada ao inmoble do Banco Pastor no centenario da súa inauguración, cun poema no que lembra a «ambición» dun edificio que estivo á vangarda dos rañaceos de España. A edificación resume, considera Aldao, parte da alma da cidade

Lucía Aldao, con edificio do Banco Pastor de fondo. / CARLOS PARDELLAS
«O reto non foi gañar o premio», resume a poetisa Lucía Aldao tras vencer na categoría sénior dos Juegos Florales María Pita con A teima vertical de cen outonos, senón que «o reto foi facer o poema». O tema da competición deste ano foi o edificio que ocupa o primeiro número do Cantón Pequeno, o antigo Banco Pastor, que este 11 de novembro cumprirá un século e que, no seu momento, estivo á cabeza dos rañaceos de España. Pois para buscar poesía nun tema dado hai que «cambiar a ollada» e ver o que un obxecto significa. E no inmoble do Banco Pastor descubriu que «se palpa moito no espírito da cidade, que é ambiciosa e aparentona, que sempre quere máis».
«Propúxenme estar sentada unha tarde e rematar o poema», lembra, pero o primeiro que fixo foi ler sobre o edificio. Un inmoble deseñado por un Antonio Tenreiro moi novo, que afrontou «o seu primeiro grande proxecto». «Antonio, meu ben / acabaches antonte a carreira / non será moita ousadía/ erguer o edificio máis alto do país?» pregunta Aldao na lírica, e responde un arquitecto que a poetisa imaxina talentoso, pero sobre todo «ousado», vaticinando que en cen anos alguén dirá «que isto / non foi máis / que a teima vertical de cen outonos».
Unha vez que entrou na historia do edificio, o que no inicio «non era especialmente inspirador volveuse tremendamente estimulante». Pois o poema fala da ambición, que «pertence a unha clase concreta», a dos que podían levar a cabo estes proxectos, e a dos que coroaron o inmoble coas letras dun banco. «Beleza / e capital», evoca o poema, que tamén debuxa ao inmoble como un «faro que guía cifras», un «irmán» da Torre de Hércules, «unha lenda de cota cero/que rompe a néboa/e a expropia».
Pois para Aldao, á hora de falar deste «edificio fermoso», cuxa beleza serve ao capital, non bastaba cunha eloxiar á súa altura, que é, indica, física e simbólica. Louvar é tamén «unha renuncia», pois a mirada mira o bo e non o conxunto. E no poema «tes que meter todo», pois no inmoble «están as cousas boas da Coruña e tamén as cousas regulares», e, collendo prestada parte dun verso, «unha vangarda cumprida».
«Aprendín moito nesa tarde», na que se sentou a ler e escribir, resume a poetisa, e cando pechou o arquivo de Word co poema, ás once da noite, estaba «encantada». «O de que a xente o pasa mal escribindo é unha patraña: podemos ter bloqueos, agobios e todas esas cousas, pero se tes isto superado é tremendamente divertido», conta.
A poesía dos Mallos
O Banco Pastor é un símbolo do centro da cidade e A teima vertical de cen outonos fala da ambición da «burguesía». Mais Aldao criouse no barrio dos Mallos nos 80 e 90, agora vive preto, na Sagrada Familia, e lembra a esta zona de vivendas populares para traballadores cando se lle pregunta por algún edificio da cidade «especialmente inspirador». «O racionalismo do barrio no que me criei», responde, narrando como lle sorprendeu, de máis nova, saber «que unha corrente arquitectónica amparaba eses edificios humildes nos que viviamos».
E cando pasea polo barrio e ve estes edificios (algúns deles protexidos, outros por protexer), a poetisa coruñesa ve «sinxeleza e humildade» que prefire á arquitectura moderna. «A Coruña ten moitas iconas», e a arquitectura non son só «exemplos impoñentes e nomes que estudamos en Historia da Arte». Só hai que ter a mirada precisa para ver poesía e espírito no inanimado.
Suscríbete para seguir leyendo
- Abre al público el primer local comercial del barrio de Xuxán en A Coruña
- Arranca en A Coruña tras once años de espera la obra del nuevo mercado y centro de salud de Santa Lucía
- El Supremo hace pagar al Concello de A Coruña por prorrogar una concesión sin límites
- Luz roja del Ayuntamiento de A Coruña al proyecto de 100 viviendas entre A Maestranza y Metrosidero
- La Xunta ordena suspender el cambio que dio más usos a Espacio Coruña
- Catorce metros de memoria de A Coruña en un almacén: las primeras imágenes de la estatua a los Hermanos de la Lejía
- Promotores de Visma alejan los nuevos edificios de Os Mariñeiros
- A Coruña antes de Marineda City: cuando la ciudad inauguró su primer, y polémico, centro comercial del siglo