A coruñesa Belém Tajes, vencedora no concurso musical Fran Pérez ‘Narf’

Belém Tajes / Belém Tajes
Ana Triñáns
O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolleu no serán deste domingo a gala final dos Premios Fran Pérez Narf que outorga a Deputación da Coruña. Un concurso cun obxectivo duplo: difundir a figura e a obra do músico e compositor compostelán Fran Pérez Narf –finado o 15 de novembro de 2016– ao tempo que busca «apoiar, difundir e promocionar grupos e artistas da música galega» emerxente. Algunhas das bandas gañadoras deste premio foron Caldo, Bala ou Familia Caamagno, aos que dende agora se une a coruñesa Belém Tajes.
Nunha gala conducida polo xornalista Luís Pardo, Marián, Belén Tajes e Vimbio tiveron oportunidade de amosar o seu talento e a súa música durante cadansúa intervención de 15 minutos. Un xurado integrado pola artista Ugia Pedreira, o xornalista Daniel Salgado, o músico Alberto Busto, a produtora Noa Díaz e o programador Tomi Legido foi o encargado de escoller o gañador: Belém Tajes, que vai recibir un premio metálico de 4.000 euros. Para o segundo clasificado, que nesta edición resultou ser a cantante da Serra de Outes Marián, a dotación económica do galardón ascende a 2.000 euros; e son 1.500 euros o premio para o terceiro clasificado, a banda de Ponteareas Vimbio, liderada por Álex Arnoso.
Durante a deliberación do xurado dos Premios Fran Pérez Narf, o público asistente á gala do Salón Teatro puido gozar tamén da música de Caamaño&Ameixeiras, dúo folk máis que consolidado en Galicia e que está a conquistar tamén os mercados internacionais.
Belém Tajes (A Coruña) compón ademais de cantar e formou parte de grupos como Vudú, Aliboria ou Luar na Lubre. En novembro de 2024 publicou o seu primeiro álbum de longa duración, Amar o mar, un traballo que mestura música tradicional galega e latinoamericana con toques de pop e electrónica. O xurado salientou dela «as letras moi coidadas e unha aposta singular e con personalidade na instrumentación».
- Abre al público el primer local comercial del barrio de Xuxán en A Coruña
- Arranca en A Coruña tras once años de espera la obra del nuevo mercado y centro de salud de Santa Lucía
- Luz roja del Ayuntamiento de A Coruña al proyecto de 100 viviendas entre A Maestranza y Metrosidero
- La Xunta ordena suspender el cambio que dio más usos a Espacio Coruña
- Cocinas de A Coruña que brillan en pocos metros cuadrados: 'El truco está en la organización y la comunicación constante
- A Coruña antes de Marineda City: cuando la ciudad inauguró su primer, y polémico, centro comercial del siglo
- Tres desayunos para dar la vuelta al mundo sin salir de A Coruña: 'En Perú desayunamos fuerte porque trabajamos mucho
- Así era Dolce Vita, el centro comercial de A Coruña que cerró al abrir Marineda City y que ahora se transformará en Breogán Park