O BNG demanda unha nova relación de postos de traballo
Di que a actual está «moi desfasada», o que impide unha xestión eficiente
«A Relación de Postos de Traballo do Concello da Coruña está moi desfasada, o que impide que se realice unha xestión eficiente do seu cadro de persoal». Así o asegura o edil David Soto, que vai levar ao pleno do próximo xoves unha moción sobre o asunto.
«É necesaria unha redacción nova, calquera traballadora ou traballador do Concello concorda niso», recalca. O grupo considera que a actual RPT é «ineficiente» e causa prexuízos non só á Administración municipal, senón tamén á veciñanza.
Os nacionalistas quéixanse de que levan demandando esta renovación «moito tempo». E mentres non se materializa a nova RPT, «estanse a introducir modificacións puntuais, remendos», engaden.
O problema é que esta esixencia, aseguran, non abrangue todas as prazas, nun proceso que non foi debidamente negociado cos sindicatos e sen que fique claro o criterio que se segue para o esixir nunhas prazas si e noutras non.
«É unha trapallada», conclúe Soto, que insta ao Concello a negociar cos representantes dos traballadores e traballadoras unha nova RPT que dea resposta eficiente e actualizada ás necesidades do servizo.
- Abre al público el primer local comercial del barrio de Xuxán en A Coruña
- Arranca en A Coruña tras once años de espera la obra del nuevo mercado y centro de salud de Santa Lucía
- Luz roja del Ayuntamiento de A Coruña al proyecto de 100 viviendas entre A Maestranza y Metrosidero
- Cocinas de A Coruña que brillan en pocos metros cuadrados: 'El truco está en la organización y la comunicación constante
- La Xunta ordena suspender el cambio que dio más usos a Espacio Coruña
- Así era Dolce Vita, el centro comercial de A Coruña que cerró al abrir Marineda City y que ahora se transformará en Breogán Park
- Tres desayunos para dar la vuelta al mundo sin salir de A Coruña: 'En Perú desayunamos fuerte porque trabajamos mucho
- Las nuevas terrazas de A Coruña: estos son los colores que podrán tener con la nueva normativa