Sés anuncia nova xira en 2026 que comezará na Coruña
Nadando na interceteza é o seu novo libro-disco que estará dispoñible a finais deste mes

Concerto de Sés en xullo / Antonio Hernández
A cantante coruñesa María Xosé Silvar comezará 2026 cunha nova xira pola que pasará por diversos teatros e auditorios do país. Polo de agora xa confirmou a súa presenza en cinco cidades galegas, aínda que asegura que hai máis datas por confirmar.
Nadando na incerteza será o nome deste novo tour que arrancará na súa cidade o sábado 10 de xaneiro, cunha actuación no Teatro Colón. A partir de aí cada sábado dos seguintes terá concertos no Teatro Afundación de Vigo, o Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo, o Auditorio Municipal de Narón e o Teatro Principal de Ourense.
As entradas estarán á venda a partir do próximo luns 17 de novembro na súa páxina web, ses.gal.
Unha nova etapa
Nadando na incerteza é o seu novo libro-disco que estará dispoñible a partir do 28 de novembro. Segundo relata no anuncio de lanzamento, este "traballo acústico e fundacional inaugura unha nova etapa". "Cancións despoxadas que respiran soas, coa palabra e a melodía no centro", explican.
Este novo álbum traerá trece temas orixinais. Ademais, a cantora tamén anunciou o seu primeiro letrario íntegro, Mentres quede corazón, que reúne toda a obra lírica creada ao longo dunha década e media.
- Sale a la venta un piso de obra nueva con terraza y vistas a la Ría del Burgo en Culleredo por 242.000 euros
- Estas son las 14 rutas que propone Aena para el aeropuerto de A Coruña: de Palma de Mallorca a París
- Una cooperativa de Xuxán, en A Coruña, busca socios para vivir en pisos ‘a la carta’: estas son las condiciones
- El Concello de A Coruña da licencia para convertir más de 40 bajos en vivienda en lo que va de año: se alquilan por hasta 2.000 euros
- Cientos de personas se reúnen en A Coruña 'baixo o mesmo paraugas' por el Día Internacional de las Personas con Discapacidad
- Los nuevos contenedores orgánicos de A Coruña: cerradura electrónica y factura de 2,35 millones, pero no «inteligentes»
- Consulta aquí los servicios mínimos durante la huelga de transportes de A Coruña
- María Díaz, presidenta de Down Coruña sobre el cierre del Quiosco: «Con todo el dolor del corazón, los números no salen»