Entrevista | Claudia Castro Escritora
Claudia Castro: «A poesía é xogo, sensibilidade e beleza, pero non nos ensinan a lela»
No poemario infantil ‘Seis leiras e un piano’, a autora reivindica o rural, a natureza, a arte e as emocións. Castro desvela que a idea xurdiu case como un xogo, como palabras encadeadas. Falou este venres sobre o libro na libraría Berbiriana xunto á xornalista Marta Villar

A escritora Claudia Castro. | Casteleiro
Claudia Castro é capaz de emocionar, facer rir, entreter e ensinar a través dos seus poemas. Seis leiras e un piano é a demostración de que a poesía infantil existe, engancha e gusta. «A poesía é xogo, esencia, beleza e sensibilidade. O problema é que non nos ensinan a lela. Eu quero contribuir co meu gran de arena a ensinar a ler poesía», expón a autora, que presentou onte o seu sexto libro, con ilustracións de Laura Tova, en Berbiriana xunto á xornalista Marta Villar.
Recoñece que «non se pode ler un libro de narrativa igual que un de poesía», pois «un poema hai que lelo varias veces e en voz alta». Na súa nova obra, segundo as palabras de Antonio García Teijeiro no epílogo, as súas creacións hai que «cantalas e acompañalas con xestos e palmas».
Castro conta que Seis leiras e un piano é «un libro especial» porque o proceso creativo foi «moi diferente» a outros traballos. «Nos anteriores, primeiro xurdiou o contido, as mensaxes, a historia, e despois a forma. Neste non. Pensei xogando cos meus fillos ás palabras encadeadas que podería ser interesante para a cativada os poemas encadeados», desvela, e sinala que «é moi bonito que os rapaces aprendan que coas palabras se poida xogar».
Para a escritora, hai unha parte importante de xogo. «É o poemario co que máis me divertín escribindo. Na casa, lía e pedíanme máis. Un levache ao outro», comenta, e asegura que «aínda que a poesía adoita ser para tomar en pequenas doses, aquí non: podes lelo dunha tirada». Este é tamén o seu libro «máis musical, con moito ritmo».
Pero este poemario vai máis alá da diversión. «Reivindica o rural. De aí nacen as seis leiras do título. Reivindica os valores do rural que se están perdendo como vivir en comunidade, esa colaboración entre a veciñanza», opina. Castro, que vive nunha aldea, agradece ter preto «unha asociación que fomenta esas reunións entre a veciñanza» nun mundo cunha «sociedade cada vez máis individualista».
O libro é tamén unha homenaxe á natureza e a arte, sexa cal sexa. «É unha ferramenta magnífica para o coidado da saúde mental», continúa a escritora. Por último, Seis leiras e un piano «reivindica as emocións, ollar o mundo desde o corazón e sen medo de ser xulgados». É unha auténtica lección de vida.
Suscríbete para seguir leyendo
- Accidente mortal en A Coruña: una mujer de 49 años fallece al salirse un coche de la calzada en Alfonso Molina
- Dos cadenas abren en Marineda City sus primeras tiendas en Galicia, donde habrá nuevas inauguraciones
- Estas son las 14 rutas que propone Aena para el aeropuerto de A Coruña: de Palma de Mallorca a París
- De ilusión a pesadilla: Una artesana abandona el poblado navideño de A Coruña tras volar el techo de su puesto
- El mercado de Navidad de María Pita, «adecuado» y con público según el Concello de A Coruña
- La huelga de bus en A Coruña volverá este viernes 12 de diciembre sin previsión de cumplir mínimos
- El auténtico sabor de China se extiende a Monte Alto: «Para nosotros, A Coruña es la ciudad ideal»
- Cabalgata de Reyes de 2026 en A Coruña: Consulta aquí el recorrido y el horario