Entrevista | Martiño Suárez Membro de The Homens, en concerto este venres na sala Mardi Gras
«Aínda temos algunha cousa que contar»
«Hai un montón de grupos con moito talento que están a utilizar o galego para cantar con total naturalidade»

Martin Wu, LeRoi e Xocas, membros de The Homens. / Rocío Cibes
Chegou o regreso de The Homens. A banda compostelá de power pop volve ao directo 16 anos despois do seu último disco. Estarán este venres ás 23.00 horas na sala Mardi Gras da Coruña. Martiño Suárez fala do reencontro e da ilusión por sacar novos temas.
Como é volver compartir escenario cos teus compañeiros 16 anos despois do seu último disco?
Pois moi ben. Eu, con Roi, seguín tocando porque tiñamos outro grupo, Grampoder, pero volver estar aí os tres dándolle foi un reencontro chulo. Seguimos estando en bastante boa forma e seguimos acordándonos das cancións. Colleunos con ganas. O concerto que dimos en Sigüeiro reafirmounos en que aínda temos algunha cousa que contar.
Regresan á Mardi Gras, unha sala mítica do panorama musical.
Si, a Mardi Gras está a celebrar o seu 26 aniversario. Son un porrón de anos aguantando aí todas as semanas. É un meritazo. A última vez que tocamos alí con The Homens foi no 2010, con Nueva Vulcano. Sempre é un lugar no que todo soa de marabilla e sempre hai xente. É o sitio perfecto para iniciar esta serie de concertos.
Cal é o plan desta nova andaina do grupo?
Agora queremos volver tocar, volver ao directo, que era o noso principal activo e penso que segue sendo. En primavera, imos gravar as cancións que estamos a facer. Tampouco nos parece decente vivir só do que fixemos hai 15 anos, seguimos tendo cousas que contar.
Mudou moito a maneira de crear nova música dentro da banda?
Cambiamos nós, evidentemente. E tampouco podes pretender contar as mismas cousas agora que fai un montón de tempo. O proceso segue sendo máis ou menos o mesmo. No garaxe é onde saen as cousas. Agora somos tres e volvemos ao son que tiñamos ao principio: guitarras, enerxía e tamén melodía.
Neste tempo también cambiou o panorama musical, con cada vez máis propostas e moitas en galego.
É fantástico. Hai un montón de grupos e artistas con moito talento que están a utilizar o galego para cantar con total naturalidade, sen que haxa ningún tipo de pregunta incómoda nin complexos. Para min, este é un momento marabilloso.
Suscríbete para seguir leyendo
- Dos cadenas abren en Marineda City sus primeras tiendas en Galicia, donde habrá nuevas inauguraciones
- Sale a la venta un piso de obra nueva con terraza y vistas a la Ría del Burgo en Culleredo por 242.000 euros
- Estas son las 14 rutas que propone Aena para el aeropuerto de A Coruña: de Palma de Mallorca a París
- Una cooperativa de Xuxán, en A Coruña, busca socios para vivir en pisos ‘a la carta’: estas son las condiciones
- El Concello de A Coruña da licencia para convertir más de 40 bajos en vivienda en lo que va de año: se alquilan por hasta 2.000 euros
- Los nuevos contenedores orgánicos de A Coruña: cerradura electrónica y factura de 2,35 millones, pero no «inteligentes»
- De ilusión a pesadilla: Una artesana abandona el poblado navideño de A Coruña tras volar el techo de su puesto
- El mercado de Navidad de María Pita, «adecuado» y con público según el Concello de A Coruña