Entrevista | Rodri Gil Educador social, membro fundador de Caguama
«Queremos facer incidencia política, analizar o fenómeno das migracións»
Nace Caguama, Instituto de Migracións Ecosociais, impulsado por traballadores do ámbito da migración e da estranxeiría, cunha vertente de apoio inmediato pero que aspira a por en marcha ferramentas como un Observatorio da Migración e a facer acción política. O educador social Rodri Gil é un dos fundadores

O educador social Rodri Gil. | Sandra G. Rey
Cal é a necesidade detectada que leva a fundar Caguama, unha nova entidade que traballa con migración?
Todas as persoas impulsoras do proxecto xa traballamos no ámbito do social, e, en concreto, no ámbito das migracións Entendemos que sempre queda espazo para unha entidade máis, porque a realidade é que hai moitísima demanda e moitísima necesidade, e as entidades existentes non son capaces de abarcala toda. Están saturadas. Que estea Caguama ou outra entidade non vai supoñer que haxa menos persoas usuarias, senón que, simplemente, estamos tentando ofrecer unha resposta a toda esa gran demanda que hai, en termos de asesoramento, de acompañamento, de información e, ao final, de facer valer os seus dereitos.
Defínense como instituto de migracións ecosociais. Sobre que enfoque traballarán?
Por unha banda, Caguama ten a parte de intervención social directa, máis de ONG. Como entidade do perfil do sector, entendemos que temos que ofrecer unha serie de servicios básicos de atención á cidadanía, como pode ser un servizo xurídico, social, de psicoloxía, de mediación. Despois temos a parte do Instituto de Migracións Ecosociais, que é unha declaración de intencións: entendemos que hai unha interrelación de factores que elevan ao fenómeno das migracións, que hai que abordar con esa ollada ecosocial. O feito de que sexa un instituto tamén nos permite ter unha parte de investigación e de intención política, que tamén nos interesa moito. Temos a intención de poñer en marcha un Observatorio das migracións, que non existe na cidade, para poder non só analizar e avaliar o fenómeno das migracións na nosa cidade, contorna e en Galicia en xeral, senón tamén poder aportar solucións, medidas sociais e políticas concretas que despois as administracións públicas poidan asumir. A nosa intención é facer incidencia política, conseguir que muden as políticas sociais relativas ás persoas migrantes, que entendemos que hai moito por mellorar.
Traballarán con esas dúas vertentes: a asistencial e inmediata e a incidencia política e o análise.
Temos que ter esas dúas patas , e intentar non abandonar ningunha delas. A máis urxente é tratar de dar unha resposta inmediata ás necesidades da poboación migrante. Esa serría a parte de intervención social directa. Mais tamén entendemos que, a medio prazo, o feito de que exista ese Observatorio pode poñer sobre a a mesa certas cuestións que se teñen que abordar, non só desde a acción das entidades do terceiro sector, senón dende as administracións públicas. Nós cremos moito no traballo en rede, e cremos que o Observatorio pode estar participado por outras entidades, persoas activistas e investigadoras que poidan aportar a súa ollada. Claramente, esas melloras só se acadan se facemos traballo en rede. É imposible facelo só con entidades do noso tamaño e coa idade que temos, que estamos nacendo. Como somos unha entidade nova, entendemos que só dende esa cooperación entre entidades que teñen unha visión similar do que é unha intervención social con persoas migrantes podemos avanzar.
Cales son as necesidades máis urxentes que detectan? No enfoque propositivo, cales son as prioridades?
As necesidades máis inmediatas son todas as que teñen que ver coa situación administrativa de moitas persoas. Por exemplo, temos moita xente que, co novo regulamento de estranxeiría, tiveron que saír do sistema de protección internacional, de asilo. Estas persoas vense obrigadas a quedar nunha situación de irregularidade para poder solicitar un arraigo ou un permiso de residencia. Agora estamos atopando a moita xente nesta cidade que, con este cambio normativo, ten que saír dun sistema que lles daba unhas garantías. Estar nese proceso de solicitude dáballes un permiso de residencia; máis adiante, un permiso de traballo, e agora hai xente que vai ter que estar moito tempo en situación de irregularidade, ata que poidan cumprir os requisitos para pedir un arraigo sociolaboral ou un arraigo socioformativo e poder regularizar a súa situación. Malia que a nova normativa si flexibiliza e reduce os tempos para poder acceder a un arraigo, iso si que é unha realidade: baixan os anos de estancia enEspaña para poder pedilo; obriga a xente que estaba dentro do sistema de asilo a estar nunha situación de irregularidade. E iso si que é vulnerabilidade.
Suscríbete para seguir leyendo
- El empresario José Souto proyecta un hotel en la antigua nave de la quebrada Tecam, que él fundó
- El principal rival danés de IKEA abre su primera tienda en Culleredo tras hacerlo en Marineda City
- Las 70 plazas del aparcamiento de la estación intermodal para vecinos: estos podrán ser los precios y plazos
- Manitas, la histórica tienda de A Coruña, estrena una segunda vida: 'Es diferente a lo que se suele ver en la ciudad
- Radiografía de A Coruña: una ciudad envejecida que prevé tener 10.000 vecinos más
- Binter lanza billetes a 90 euros para volar desde A Coruña a Canarias con escala incluida
- Os Mallos se prepara para despegar: 'Cuando la intermodal esté terminada, esto va a ser el centro
- Esto es lo que va a pasar en A Coruña en 2026: de una nueva estación a regularizar polideportivos