Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entrevista | Adri Méndez Integrante de De Ninghures

Adri Méndez, do grupo De Ninghures: «A música tradicional segue viva porque foi mudando cos tempos»

Dentro do Festival por amor á palabra solidariedade este sábado tocará a formación De Ninghures, un grupo de mozos e mozas que mestura a música tradicional galega con outras sonoridades, como os ritmos cubanos ou magrebíes. A entrada é gratuíta até completar a capacidade do Ágora

Adri Méndez, arriba á dereita, con gorra, na foto de portada do disco ‘Feira’. |  Arancha Brandón

Adri Méndez, arriba á dereita, con gorra, na foto de portada do disco ‘Feira’. | Arancha Brandón

A Coruña

A formación De Ninghures volve á Coruña coa súa música en directo. Toca este sábado no Ágora, a partir das 19.30 horas, no festival Por amor á palabra solidariedade. A entrada é de balde ata esgotar a capacidade da sala. Adri Méndez é un dos integrantes da banda e asegura que están «felices» de poder tocar de novo na Coruña porque sempre que actuaron na cidade tiveron «moi boa acollida».

A súa proposta mestura a tradición galega con outras sonoridades, por que músicas se deixan influenciar?

Despois de andar moito polos escenarios e de ir aprendendo e de ir avanzando na profesión que agora temos de músicos, fomos collendo ritmos e sonoridades variadas e así naceu o noso último disco, Feira. Agora estamos comunicados con todas as partes do mundo a golpe de clic, temos Spotify, hai miles de ritmos, de culturas... Nós somos sete persoas no grupo e cadaquén ten a súa bagaxe. A cada un de nós gústalle un tipo de música pero á maior parte de nós, os ritmos magrebís ou cubanos sempre nos apaixonaron. Collémolos e, con todo o respecto, adaptámolos á nosa tradición.

Estamos nun momento no que está moi ben visto mesturar a tradición galega e a música de raíz con outros estilos e xa non hai ese sinalamento de falta de pureza, sentiron presión nalgún momento por esta cuestión?

Nós levámolo con toda a naturalidade posible, porque sempre houbo mesturas, incluso desde o que podemos considerar a tradición máis pura, a das pandeireteiras e gaiteiros, porque toda esa xente tamén mesturaba e adaptaba outras músicas á tradición. De feito, eu penso que, se é por algo que segue viva a nosa música tradicional é por eses cambios que houbo, porque se se mantén estática durante miles de anos, morre, ten que ir mudando cos tempos. Nós facémolo dun xeito moi natural porque é o que escoitamos. Que nos gustaría escoitar nun disco? pois isto que facemos, o que lle gusta, penso eu, escoitar a un rapaz ou unha rapaza de vinte anos, porque nós estamos nese segmento de entre vinte e trinta e escoitamos de todo, sobre todo, os grupos que están en boga no ámbito nacional e internacional. Estamos influenciados por esa xente e collemos esa tradición máis nosa e adaptámola ao que nos gusta.

Pódese ter na mesma lista de Spotify a Bad Bunny e a Fuxan os ventos, entón?

Desde logo que si, de feito, por aí fóra poñen a Fuxan os Ventos, por que non imos seguir nós por esa liña?

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents