As historias que agardaron moitos anos para ver a luz
O coruñés Pedro Naveira publica, aos 63 anos, o seu primeiro libro de relatos tras anos cultivando a escrita e colleitando premios de certámens nacionais

O coruñés Pedro Naveira co seu primeiro libro. | Carlos Pardellas
Pedro Naveira non ten présa, pero si moitas historias. O coruñés xubilouse hai apenas dous anos e medio, tras unha vida como funcionario do Estado. Porén, a súa verdadeira oficina sempre estivo no papel. «Eu escribo dende que son adolescente», confesa coa sinxeleza de quen non busca a fama, senón «unha vía de escape». Tras anos de gardar textos e participar en certames nacionais con grandes éxitos, por fin dá o paso, con 63 anos, cun libro en galego baixo o nome de En galego, en curto, en Galicia.
Para Naveira, este libro non é un experimento, senón unha «pequena aventura literaria» que decidiu emprender ao cumprir os 61, xubilarse e verse con tempo. O impulso definitivo para escribir chegou de forma curiosa, a través do seu fillo. Ao ver que o mozo gañaba premios escolares, empezou a participar en certames no 2008. Os resultados positivos —premio literario de Piñor, Lar Galego de Sevilla, Terras de Chamoso...— confirmáronlle que «tiña unha certa facilidade» e que as súas historias «posuían un mínimo de calidade para poderse publicar».
O libro, aínda que composto por relatos independentes, ten un cordón umbilical: A terra galega. Pedro escribe na súa lingua materna porque, para el, isto o «enche máis, é coma unha forma de falar entre nós». Nas súas páxinas desfilan mariñeiros de Malpica —terra do seu pai—, meigas e unha fonda reflexión sobre a idiosincrasia propia de Galicia. «Os galegos somos peculiares. Somos de entrada desconfiados, pero capaces de desvivirse por axudarte. Penso que o noso carácter é peculiar e moi moi bonito», describe.
Un dos relatos máis impactantes nace dunha experiencia persoal: un encontro na Coruña cunha muller que lle lanzou unha maldición. «Díxome: ogallá teñades un accidente no coche os dous, ti e o teu fillo». Ao día seguinte, case sufre un sinistro grave na autoestrada. Aínda que non cre no mal de ollo, esa fronteira entre o real e o fantástico e sobre as meigas impregna a súa obra nun dos 14 curtos que compón esta primeira edición.
A escrita foi para Naveira a súa terapia. Durante anos compaxinou o traballo co coidado de tres persoas dependentes: a súa nai, o seu sogro e a súa tía. «Foi un gran desgaste. Escribir axudoume a sentirme forte e tirar para adiante. Axúdame a sobrevivir, xa non só a vivir. Faime sentir ben e faime aguantar», asegura. Mais Pedro non se detén aquí. Escribe todos os días «con moito gusto» e xa ten material para «outros dous ou tres libros ». De feito, xa ten practicamente rematada unha novela que empezou no ano 2019. «O que naceu como un relato curto de dez páxinas medrou ata superar as duascentas», explica ilusionado.
A chegada a unha editorial de referencia como Toxosoutos foi natural. «Recomendoume un amigo, que publica tamén. Díxome que eran xente que se movía ben, especializados en galego, que era o que quería». Para el, estar baixo este selo resulta fundamental porque «ir por libre no mundo editorial é moi complexo». Hoxe, co seu primeiro libro na man, séntese, por riba de todo, «satisfeito». Sabe que fixo «o que mellor sabe facer na vida». E aínda que non ten moitas expectativas, ten a ilusión de quen acaba de empezar e que ten «moito por contar».
Suscríbete para seguir leyendo
- El empresario José Souto proyecta un hotel en la antigua nave de la quebrada Tecam, que él fundó
- El principal rival danés de IKEA abre su primera tienda en Culleredo tras hacerlo en Marineda City
- Las 70 plazas del aparcamiento de la estación intermodal para vecinos: estos podrán ser los precios y plazos
- Manitas, la histórica tienda de A Coruña, estrena una segunda vida: 'Es diferente a lo que se suele ver en la ciudad
- Radiografía de A Coruña: una ciudad envejecida que prevé tener 10.000 vecinos más
- Binter lanza billetes a 90 euros para volar desde A Coruña a Canarias con escala incluida
- Os Mallos se prepara para despegar: 'Cuando la intermodal esté terminada, esto va a ser el centro
- Esto es lo que va a pasar en A Coruña en 2026: de una nueva estación a regularizar polideportivos