Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O BNG lembra a Moncho Valcarce no cemiterio de Santo Amaro

Lembranza de Valcarce en Santo Amaro. |

Lembranza de Valcarce en Santo Amaro. | / LOC

O BNG da Coruña rendeu tributo este sábado, no cemiterio de Santo Amaro, á memoria de Moncho Valcarce, o cura das Encrobas, no 33º aniversario do seu pasamento. Tomou a palabra o dirixente do Sindicato Labrego Galego Xosé Ramón Cendán, que sinalou que «de Moncho aprendín moitas cousas, sobre todo ese sindicalismo de cociña, de estar nas casas da xente partillando loitas e preocupacións» e dixo que hoxe o falecido estaríase manifestando contra o acordo da UE co Mercosur.

TEMAS

Tracking Pixel Contents