A artista coruñesa hydn leva o galego ó pop dos 2000: "É o tipo de cousa que me gustaría ter escoitado cando era pequena"
A cantante publicará este ano o seu primeiro álbum e actuará no Recorda Fest

A artista coruñesa hydn / Eliana Balza
A artista coruñesa hydn publica TASTE, un novo single co que consolida a súa aposta por un pop galego contemporáneo con códigos do R&B e do pop dos anos 2000. Con este traballo, a cantante, famosa polo seu galenglish, da o pistoletazo de saída a un ano no que publicará o seu primeiro álbum e actuará no Recorda Fest.
Publica TASTE, unha canción que chega para ocupar un espazo que estaba baleiro. Como definirías ese oco na música galega?
En coloquial, é ese pop feito “for the girls and for the gays”. Ese regreso ao pop que vén da nostalxia de 2008: Britney Spears, o que supuxo Lady Gaga… Agora estase vendo con artistas como ADÉLA ou Tate McRae, que é unha gran referente. É unha música divertida que eu amei moitísimo. En Galicia parecía que ese pop non existía; é o tipo de cousa que me gustaría ter escoitado cando era pequena. Quería algo en galego —ou en galenglish, como neste caso— que se parecese ao que eu escoitaba de fóra.
Hai un rexurdimento da estética e da cultura pop dos 2000. A que pensa que se debe?
Na moda pensó que é cíclica. Cando ese tipo de movementos musicais perderon forza, polo menos en España, apostouse máis polo xénero urbano, e penso que chegamos a cansarnos un pouco. Con todo o que estamos vivindo, tamén hai ganas de volver a aquela época. Eu non sei analizar o social, pero si que vexo unha vontade de recuperar esa nostalxia. E tamén de escapar do look de clean girl, apetece unha estética con máis vida. Iso nunca desapareceu, pero non estaba tan presente. Eu, musicalmente, fun probando cousas entre xéneros que me gustaban, pero TASTE fixémola hai case un ano, e un día decateime de que iso era exactamente o que eu quería ser. Non naceu por seguir a moda.
No videoclip hai un combate coa boxeadora Jessi Longueira. Como xurdiu a idea?
Non houbo un momento único, fomos barallando posibilidades. O concepto desenvolvino co director, Iago Vilarinho, e coa miña irmá, Laura Guedett, que é a guionista. Comezamos a falalo, a ela gustoulle, e foi collendo forma de maneira natural. De pequena gustábame o boxeo, e tiñamos unha persoa en común con Jessi. Foi incrible, estivo adestrándome e ensinándome. Quería levar ao visual esa tensión da que falo na canción.
Traballou con Noelia Enríquez e con LUKI, un produtor madrileño. Como se integrou a súa esencia galega?
Eu compuxen a canción con Noelia. Gústame levar unha demo para que o produtor —neste caso, LUKI — faga de “tradutor” do artista, porque ás veces é difícil explicarnos. Conectamos moi ben e todo encaixou. De feito, no próximo que estou preparando —sen facer moito spoiler— quero explorar instrumentos da música tradicional galega. A el interésalle moito, está aprendendo, e iso é o bonito: que non haxa fronteiras, como dicían as Tanxugueiras. A música é unha linguaxe que non debería entender de límites: está para construír pontes, non para recortar posibilidades.
Vai publicar un álbum. Diría que 2026 vai ser o seu gran ano?
O ano pasado unha das miñas mellores amigas dicíame que este ía ser “o noso gran ano” e eu dicíalle que non. Este ano estamos non dicilo. 2026 vai ser un ano de moito traballo, porque quen algo quere, algo lle custa. A min gústame proxectar, si, pero prefiro pensar nos pasos que teño que dar para chegar ao obxectivo. Non quero facer as contas da leiteira.
Nese camiño está o Recorda Fest. Que significa actuar na súa cidade?
Sempre quixen actuar aí. Estou moi contenta e moi agradecida. Agora toca traballar moito para que sexa incrible, porque a min gústame deixarme a pel no escenario.
- Suspendida este viernes la huelga de buses en A Coruña a la espera de un acuerdo entre sindicatos
- El Concello de A Coruña ordena al dueño de un edificio de las galerías de la Marina tomar 'medidas urgentes' ante la caída de piezas a la calle
- La huelga de bus de A Coruña se iniciará este miércoles al no haber acuerdo entre sindicatos
- Cándido Hermida: “De ebanista soy casi maestro; de empresario sigo siendo un aprendiz”
- El orgullo de ser de Monte Alto con un código postal 'de moda': 'Los que somos de aquí pensamos que todo lo demás es peor
- El restaurante de A Coruña para disfrutar de la auténtica pasta italiana: “Esto es como una casa, aquí lo hacemos todo nosotros”
- La histórica confitería de A Coruña recomendada por un chef Michelín: 'Siempre me quedo sin sus milhojas
- Cocidos en A Coruña y su área por 15 euros: 'Hay gente que viene todas las semanas a comerlo