O xogo de nenos para entender a migración chega á Coruña
'Pum! Pum! Quen hai?', unha comedia musical familiar para debater sobre a acollida e os cambios sociais a través do humor, aterriza no Fórum este sábado 14 ás 18.00 horas

A comedia musical 'Pum! Pum! Quen hai?' / LCO
Non sempre é doado explicarlles aos nenos o mundo no que viven. Falar de cambios, de persoas que chegan ou falarlles do medo. 'Pum! Pum! Quen hai?' nace xusto nese "punto incómodo" no que moitos adultos non saben por onde empezar. E faino dende o teatro musical, o humor e a ollada limpa da infancia. "É un espectáculo que fala da nosa sociedade. Dese medo que temos aos cambios e a que chegue xente nova ao noso redor. A que nos quiten o traballo", explica Rocío Salgado, actriz de Ártika Cía e intérprete de Gaia. Este sábado o Fórum Metropolitano acollerá esta comedia musical as 18.00 horas con entradas a 6,80 euros.
Na escena aparecen só tres personaxes. A protagonista, Gaia, vive nunha aldea que, lonxe de desaparecer, medra. Alí existe un xogo. Ir porta por porta preguntando quen está detrás. "Chámase Pum! Pum! Que hai? e consiste en chamar ás portas e descubrir quen está detrás". Un xogo sinxelo, pero "unha metáfora" directa. "Obviamente saben quen está, porque todos se coñecen, pero ese xogo serve para explicar os medos dos adultos. Medos que os nenos perciben, aínda que ninguén llos explique", sinala.
Dende Ártika Cía teñen claro o seu camiño. "Os espectáculos que facemos son de teatro social. Tratamos temas que nos preocupan e cremos que o teatro é un recurso para xerar debate". Mesmo cando o público é infantil. "Os nenos recollen toda esa información e úsana para crecer", asegura. A resposta do público confirmou esa necesidade. "Moitos pais achéganse e din que se senten reflectidos", conta Salgado. Outros, confesa a protagonista, algo máis directo: "Veñen e nos din: 'Non pensara en falar con meu fillo deste tema ata vir ao espectáculo'".
A obra non dá leccións. Abre portas. "O bonito sería que, ao saír do teatro, os nenos pregunten: por que hai medo aos cambios?", desexa a actriz. E que "esa pregunta continúe na casa". Tras máis de 80 funcións a nivel nacional e internacional, o efecto da obra repítese. "É un espectáculo moi enerxético, moi positivo. A alegría contáxiase. A xente levántase do asento para aplaudir. Iso pasa moi poucas veces no teatro infantil", explica emocionada.
- Grupo Castro factura 35 millones y se expande desde A Coruña: “La farmacia de Cuatro Caminos vende más que nuestras ocho ópticas juntas”
- El Barrio de las Flores, el secreto mejor guardado de A Coruña: 'Es de los mejores vecindarios de la ciudad
- Adiós al asador de pollos de San Roque: el Concello de A Coruña inicia el desahucio de los locales de la atalaya de la plaza de España
- La rebaja en A Coruña a los hogares que reciclen será de hasta 63 euros al año: así se pide la reducción en el recibo de la basura
- El Concello de A Coruña investiga las «patologías» de los pilares que sostienen el paseo marítimo
- Arranca la obra del primer edificio que se construirá en San Pedro de Visma, en A Coruña, con 144 viviendas
- Así es la ruta de la cascarilla en A Coruña: 5 locales donde aún puedes disfrutar de este producto
- Don Pollo pide margen para desalojar la atalaya de San Roque en A Coruña: 'Nos avisaron con poco tiempo