Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Poesía, canto e teatro para honrar na Coruña a Rosalía de Castro no seu día

Lembranza de Rosalía de Castro na Coruña, este luns.

Lembranza de Rosalía de Castro na Coruña, este luns. / CARLOS PARDELLAS

Este luns, no Día de Rosalía de Castro, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organizou ante o teatro coruñés que leva o nome da escritora a lectura do Manifesto da asociación por Beatriz Maceda Abeleira, cunha posterior recitación pública da obra de Rosalía. O acto contou tamén con música do grupo de Cantos de Taberna da Asociación Cultural Alexandre Bóveda e coa actuación do grupo de teatro Noite Bohemia.

Tracking Pixel Contents