Rosalía, Begoña Caamaño e Pandora, unidas no musical da Escola de Imaxe e Son na Coruña
O centro presenta ás 11:30 da mañá do día 26 febrero

Alumnos del EIS ensaian 'Culpables de ser' no Fórum Metropolitano / CASTELEIRO
A historia das mulleres contouse con moitas versións, non todas positivas. Nas táboas do Fórum Metropolitano da Coruña está a piques de xurdir un novo testemuño. Circe ou Pandora toman o protagonismo para relatar os feitos segundo a súa visión, seguindo a liña da autora Begoña Caamaño, homenaxeada este ano coas Letras Galegas.
Os ciclos de Iluminación, Son, Realización e Produción da Escola de Imaxe e Son (EIS) da Coruña presentan ás 11.30 horas a única sesión da obra de teatro musical Culpables de ser, un xiro sobre o xeito no que se narraron os mitos femininos.
“Todos os anos, o proxecto final da nosa formación na escola é un musical dedicado á persoa protagonista das Letras Galegas. Begoña Caamaño escribiu Circe ou o pracer do azul e intentamos amosar esa outra cara. É dárlle un xiro ao punto de vista. A nosa idea é que non fose o de sempre. A decisión deste texto chegou desde o ciclo de Realización”, explica Uxía Lata, unha das responsables da comunicación do evento.
En Culpables de ser, as protagonistas dos antigos mitos de Pandora, Eco, Medusa, Dafne ou Circe intercálanse para dar voces ás mulleres fóra do personaxe. A peza nárrase arredor de Temis, deusa da Xustiza, que escoita os relatos en voz das afectadas. Reclaman reparación.
O libreto é totalmente orixinal e incorpora unha posta en escena acorde. A música, pese a non ser orixinal, inclúe versións en galego de recoñecidos temas, como A ningún hombre de Rosalía.
Unha soa representación, un só ensaio
Arriscan todo a unha única representación, pero tamén a un só ensaio conxunto. Os problemas de infraestrutura condicionaron tanto a preparación como a estrea do material. Segundo informa Lata, esta promoción é a primera en carecer por completo dun espazo dentro das instalacións do EIS, xa que se atopan en obras desde hai dous cursos. Agradecen o apoio do Fórum Metropolitano e reivindican ter espazo no centro que os forma para realizar actos así.
"Estamos limitados. Saímos peor formados pola falta de servizo e tivemos menos oportunidades de aprender a manexar espazos deste tipo, máis grandes que un plató", expón.
A obra Culpables de ser chega á súa estrea con moito nervio entre os seus creadores. O feito de ensaiar de xeito parcial condicionou o traballo con actrices e de coordinación entre elementos, en especial relacionados co tamaño da sala. "Pasamos por un esforzo grandísimo. Todo este tempo de traballo por separado, sen poñer ideas en común... Estamos aínda correndo dun lado para outro", resolve Uxía Latas.
- Grupo Castro factura 35 millones y se expande desde A Coruña: “La farmacia de Cuatro Caminos vende más que nuestras ocho ópticas juntas”
- El Barrio de las Flores, el secreto mejor guardado de A Coruña: 'Es de los mejores vecindarios de la ciudad
- Arranca la obra del primer edificio que se construirá en San Pedro de Visma, en A Coruña, con 144 viviendas
- Adiós al asador de pollos de San Roque: el Concello de A Coruña inicia el desahucio de los locales de la atalaya de la plaza de España
- La rebaja en A Coruña a los hogares que reciclen será de hasta 63 euros al año: así se pide la reducción en el recibo de la basura
- El Concello de A Coruña investiga las «patologías» de los pilares que sostienen el paseo marítimo
- Así es la ruta de la cascarilla en A Coruña: 5 locales donde aún puedes disfrutar de este producto
- Don Pollo pide margen para desalojar la atalaya de San Roque en A Coruña: 'Nos avisaron con poco tiempo