Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CUAC FM celebró sus 30 años con un "fotón" en María Pita

O vindeiro venres celebrarán un concerto especial con Pedro Pastor, Silvia Penide e César de Centi

Foto de familia de Cuac FM para celebrar os seus 30 anos

Foto de familia de Cuac FM para celebrar os seus 30 anos / LOC

A radio comunitaria da Coruña, CUAC FM, continúa cos actos de celebración polo 30º aniversario da súa plataforma. Este sábado reuniron na praza de María Pita a todas as persoas que puidesen achegarse e tiveran algún vencello coa emisora nestes 30 anos para celebralo cun "fotón", tal e como denominaron.

"Unha foto para a Historia da cidade", sinalaban nas súas redes sociais e así foi. Ducias de persoas achegáronse á praza central para tirar esta imaxe. Ademais, a hora de xuntanza tamén era simbólica. A convocatoria era ás 13.04 horas, xogando co dial no que cada día desde hai 30 anos emite CUAC, o 103.4 da Frecuencia Modulada.

Estos actos seguirán o vindeiro venres 27 de marzo co concerto organizado pola radio no Teatro Colón da Coruña co cantautor Pedro Pastor acompañado pola súa banda Los Locos Descalzos, A cita contará ademais coa participación especial de Silvia Penide e César de Centi, dous referentes da escena musical coruñesa que formaron parte da familia de CUAC a través dos seus propios programas radiofónicos.

Tracking Pixel Contents