Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entrevista | Carlos Freire Escritor

O escritor Carlos Freire amosa a Coruña de posguerra a través do pícaro Sindiño: "Hai ata un episodio adicado ao Deportivo, cando o neno vai ao torneo Teresa Herrera"

O autor, profesor na Coruña e na comarca antes de xubilarse, procurou a claridade en O pícaro Sindiño na Coruña de posguerra, inspirándose na súa experiencia para retratar a dura realidade coruñesa do momento, pero tamén a amizade, a inocencia e a esperanza. Freire documentouse para abordar a vida mariñeira que ocupa parte da novela

O autor de 'O Pícaro Sindiño', Carlos Freire, na praza de Lugo.

O autor de 'O Pícaro Sindiño', Carlos Freire, na praza de Lugo. / Carlos Pardellas

A Coruña

Os capítulos de O pícaro Sindiño son curtos e se presta para ler. Hai unha vontade niso?

Moita xente xa o leu e gustou moito, porque ser conciso é un valor. Sempre penso que hai moitos escritores e escritoras que se ve que están engadindo cousas no libro que xa estaban definidas. Pola contra, non miro as páxinas que leva. A miña intención sempre é ser moi claro. Probablemente, isto vén de que eu procedo do ensino. Fun profesor hasta que me xubilei e a miña idea sempre foi poñer as cousas claras ao alumnado. Non dou marxe a florituras. O que me importa é o que se está lendo. Para iso escribir en galego é interesante, porque é diferencial, ten xiros e retrancas, ten tantas riquezas. Ten moitas capas.

Na historia chama a atención a cotidianidade. Atopa un balón, vai ao quiosco, trata co practicante de Viláns.

As historias existen xa. Existe a historia dun carboeiro nun lugar calquera e xa existe a historia de súa familia, dese personaxe, non? Igual que existe, pois tamén a historia do pícaro Sindiño. Sempre digo que son as historias as que se apropian dos que escribimos. Entón, como chega a nós? Pois ás veces por unha ensoñación que temos, ou vemos a un pícaro, un rapaciño, e empezamos a pensar. Cando pasamos por calquera recuncho da cidade, sempre vamos atopar algo polo que merece a pena deterse para sacar algunha conclusión da vida. Ao mellor erramos, pero construímos unha historia. Un escritor normalmente debe ter unha ensoñación e despois empezar a imaxinar. Ás veces ata medio durmido estou creando.

Sindiño parece un neno normal, pero a súa traxectoria é excepcional. Sae da norma.

Combínanse os dous factores nel. É o pícaro Sindiño no final un neno excepcional? A verdade, é un líder. É un heroe para todos os amigos. Sempre moi teimado, moi valente e rodeado polos seus. Unha parte da novela desenvólvese tamén no secadoiro de peles que había na chamada estrada de circunvalación, o paseo marítimo de hoxe en día. Aí se desenvolve moita desa amizade entre eles, de feito.

O rapaz comeza en moitos oficios ao longo do libro. É unha cuestión do seu tempo?

Si, porque era un rapaciño. Iso dábase moito antes. Un aprendía do perruqueiro, do leiteiro, do quiosqueiro e pasaba unha fase vital sendo aprendiz. Incluso lle pasa un suceso en que raptan a un neno e entón fai labor policial. Era un neno da rúa. O pai embarcado, a nai na casa. Era un neno botado para diante, é dicir, a calquera idea que lle daba de gañar unhas moedas non lle poñía ningún reparo. Sindiño para ter unhas pesetas facía todo tipo de oficios, cobrar recibos ou traballar nun taller de bicicletas donde non lle pagan, pero onde lle dan unha bicicleta vella.

A Coruña é outra protagonista desta novela. É unha personaxe pasiva.

Claro que si. As súas prazas, o peirao, as praias; todo o que é A Coruña sae. Hai ata un episodio adicado ao Deportivo da Coruña, cando el vai ao torneo Teresa Herrera. Tirei das miñas vivencias, é dicir, eu era un rapaz. Xa pasaran anos da posguerra, pero aquí durou moito o efecto. Aínda quedaban recordos na xente. Permitiume a proximidade para imaxinar como sería vivir peor. No tempo de Sindiño, era unha cidade pobre, moi bonita xa. Os habitantes, con todo, tiñan unha alma cándida. A cidade cambiou moito, pero sigue tendo a personalidade da Coruña.

A pesca convértese a certa altura no centro da vida de Sindiño. Hai unha homenaxe ao mar nas páxinas?

Si, ao mar e a todo o que hai arredor do mar. É moi significativo un episodio cando veñen de volta e ven o lume de San Telmo. Explica o patrón do barco a que se debe, porque os mariños quedaron alucinados vendo eses raios azuis. Na novela está a natureza, todo o que está xunto do mar.

Para a arte mariñeira tivo que documentarse?

Si. Sei o que se divulga, pero tiven que documentarme, non estuve nunca el. Hoxe hai moita facilidade para chegar á información. Un escritor que non se documenta é porque non quere.

Como pedagogo e persoa que estivo en contacto coas infancias, como se aproximou á nenez nun contexto tan duro?

Tratei de semellar o que en realidade era nese contexto de posguerra. Nesa infancia non se tiña un balón para xogar. Xogábase ao fútbol en xardíns ou en prazas cunha pedra, como o rapaz Sindiño con outros amigos. Eu mesmo vin que non había balóns. Unha lectora dicíame que se emocionara comparando as posibilidades que tiñan aqueles rapaces de posguerra cos que teñen hoxe, que un balón non é nada. É a vida miserable que lles tocaba vivir.

Que adultos puideron dar eses tempos?

Cinguidos ao traballo e os cartos, totalmente. Por exemplo, o pai de Sindiño, cando fixo unha marea boa, quixo investir os cartos nunha terra da zona de Arteixo.

Tivo unha ampla experiencia docente. Como a empregou neste libro?

Aquí hai cousas que me sucederon na miña experiencia pedagóxica. Fun mestre aquí nos arrabaldes da Coruña. Estaba dando clase, eu era moi novo, e vexo unha nai cos rapaces mal vestidos, mal aseados. A muller pediume cartos para poder comer no día porque o seu marido non chegara da marea. Quixen deixarlle, pero non tiña. Pedínlle que volvera pola tarde, que llos daría. Os mestres que estaban alí chamáronme inocente. Entón fun a casa, alí a carón da escola. Levaba os cartos, pero xa volvera o marido e puideran comer. Esas diferencias socias si que existían e aínda que non estean relatadas aí na novela, si que están vividas. A xente era humilde, ás veces miserable, pero tiña o seu candor.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents