O documental '360 curvas' na Coruña: "Existe o tópico de que a xente emigra e non protesta, pero non é certo"
Alejandro Gándara e Ariadna Silva presentan este venres na Domus o seu documental, gañador do Premio Mestre Mateo

Alejandro Gándara, no medio, na rodaxe do documental / LOC
A Semana do Cinema Galego chega ao seu fin este venres na Domus da Coruña con dous proxecciones: O silencio herdado (19.00 horas) e 360 curvas (21.00 horas). Alejandro Gándara Porteiro, que xunto a Ariadna Silva Fernández é o director deste último documental, gañador do premio Mestre Mateo, conta que puxo o foco na Fonsagrada e na súa loita contra o desmantelamento de servizos no rural porque "Adrián Méndez, que é un dos protagonistas da película, descubriu unhas imaxes de arquivo do fotógrafo Manuel Fernández, sobre unhas historias que el xa escoitara na casa do seu pai: protestas que houbera alí", explica. Chamábanse 'As Movidas'.
Segundo conta Gándara, no ano 1900, A Fonsagrada tiña 18.000 habitantes, tantos coma Ourense ou Vigo. A comezos da década dos 90 tiña 7.000 mil habitantes. Hoxe apenas chega aos 3.000. Pero esta é a historia dunha comunidade que se negou a desaparecer. "Normalmente existe o tópico de que a xente emigra e non protesta, pero vemos que non é certo: este proceso de abandono do rural non foi pacífico, senón que foi moi violento", relata.
En 360 Curvas tamén quixeron falar da violencia que non se ve. "Dese conflito interno que estoupou nos anos 90 na Fonsagrada", indica, e pon como exemplo a historia dun "rapaz que di que medras sabendo que aos 18 anos tes que marchar e seguramente non volver".

Fotograma de '360 Curvas' / LOC
Na película vese tamén a loita polo centro de saúde ou polos médicos. "É unha problemática que tamén afecta ás cidades, pero no rural é moito máis grave: perder un médico pode significar quedar sen ningún", conta o director, que recoñece que hoxe "hai exemplos interesantes, como o dos mozos que regresan os fins de semana para dinamizar culturalmente a comarca, moitos son fillos de xente que participou nas protestas, viven en cidades como Lugo ou A Coruña, pero manteñen ese vínculo e implicación".
De feito, moitos lucenses acabaron en barrios coruñeses. "Onde viven meus pais, que é no Agra do Orzán, houbo moita emigración de Lugo", engade.
O documental levou o Premio Mestre Mateo, o que para Gándara "é un recoñecemento importante". Pode verse este venres na Domus: "Ir á Coruña sempre é un pracer, é unha cidade coa que teño moito vínculo", conclúe.
- El mesón con uno de los mejores calamares de A Coruña: 'Aquí la freidora nunca está parada
- Óscar Castro, administrador de la Cocina Económica de A Coruña: 'Vienen personas que cobran una prestación, pero no les alcanza para subsistir
- El zapatero de A Coruña que ha reparado más de 160.000 zapatos: 'Mi abuelo era el artesano de verdad, yo soy un sucedáneo
- Estos son los cortes de tráfico previstos para este martes 5 de mayo en A Coruña por la Vuelta Ciclista Femenina
- La confitería de A Coruña que lleva más de 40 años triunfando con sus sándwiches de miga: 'Todo el mundo dice que saben como los de Buenos Aires
- Eclipse solar en A Coruña: el centro comercial Cuatro Caminos reparte gafas homologadas
- A Coruña está hoy en aviso amarillo por lluvia y tormentas: este es el horario de la alerta
- Iago Cagiao baja la persiana de El Rincón de Alba tras una década en A Coruña y prepara su salto a Betanzos: 'Quería un final bonito