Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O escultor Elías Cochón combina dimensións e relevos de varias etapas artísticas na Coruña: "Cando me dixeron que expoñería na Casa Picasso, tembláronme as pernas"

A exposición Xeografías en área, que permanecerá aberta ata o 30 de maio, inclúe obras pictóricas e escultóricas creadas con residuos, pigmentos naturais e materiais de fundición de diversas etapas e disciplinas da súa traxectoria

Visitantes durante la apertura de la exposición 'Xeografías de area', del escultor Elías Cochón.

Visitantes durante la apertura de la exposición 'Xeografías de area', del escultor Elías Cochón. / LCO

A Coruña

A Casa Museo Picasso da Coruña acolle ata o 30 de maio a exposición Xeografías en area, do escultor Elías Cochón, con pezas representativas de varias etapas, estilos e disciplinas da súa traxectoria. O artista, nado en Vilagarcía de Arousa, recoñece que tiña "unha espiña cravada" coa cidade e esta mostra responde a unha gana "de facer algo na Coruña". A pesar de non poder estar presenta na apertura por cuestións de saúde, asegurou que "un artista non se xubila nunca".

En Xeografías en area, as obras de Cochón saen "de atelier, de arquivo" e non responden a unha encarga concreta para a exposición. A decisión sobre as pezas seleccionadas recaeu sobre o autor.

"As miñas obras, tanto pictóricas como escultóricas, elabóranse con residuos e area obtidos da fundición, do mundo de metais como o aceiro. Traballo con pigmentos naturais de diferentes fontes, como o óxido, e proveñen de lugares de todo o mundo", sinalou o escultor.

"A miña aproximación é unha pintura tridimensional, porque vén do relevo e abrangue esa cuarta dimensión que lle pertence á escultura. Debido a problemas de saúde, fun avanzando en dirección á parte máis plástica da miña obra, da miña visión e, probablemente, quede nela. A escultura é complicada para o transporte ou a exposición. Na parte plástica síntome máis libre, mais liberado dun oficio, e gústame esa parte que posúe de alquimia e de materias", expresou sobre a combinación de disciplinas na súa exposición.

Segundo comenta o escultor, esta exposición "ten carácter propio" e non pode tomarse como un repaso á súa traxectoria artística a través do tempo, aínda que as pezas estén vencelladas a diferentes etapas.

Cochón agarda poder montar unha retrospectiva no futuro e confirma que lle gustaría contar cos coidados do legado do seu mestre, Camilo Otero, para poder organizar algo en conversa con ambas producións artísticas. "Precisaríase dun espazo máis grande", adiantou.

"Cando me dixeron que a exposición Xeografía en area sería na Casa Picasso, tembláronme as pernas. Non é unha esaxeración. Un dos grandes mestres da arte contemporánea e de todos os tempos, na súa casa, un local salvagardado poolas autoridades. É unha grande responsabilidade, á vez que é unha ilusión enorme. A sala é acolledora, é unha casa verdadeiramente. Esta mostra foi posible grazas ao animo de dous amigos, que me impulsaron para traer o meu traballo á cidade", sentenciou Cochón.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents