Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Estes son os finalistas coruñeses nos XIII Premios Martín Codax da música

Un total de oito candidaturas son da cidade, ademais dunha da Laracha e outra de Oleiros

Finalistas dos premios Martín Códax

Finalistas dos premios Martín Códax / LOC

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Coruña

As Bodegas Martín Códax acolleron este mércores o anuncio dos finalistas da XIII edición dos Premios Martín Códax que organiza a asociación Músicas ao Vivo e que se entregarán o vindeiro 27 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.

En total foron 48 os proxectos escollidos por un xurado profesional formado pola pianista e investigadora artística María Domínguez, a artista Blanca Pereira, coñecida como Rumia, o guitarrista da banda Brutal, Isidro Otero, o xornalista Luis Pardo e a xestora cultural Marta Horjales.

En total son 19 os premios que se outorgan, dos cales 15 son musicais, un de artista emerxente e outros tres denominados Organistrum adicados ás salas, festivais e proxectos comunicativos. Tamén haberá un premio honorífico destinado a distinguir unha traxectoria de especial relevancia para a música galega, que será desvelado nas seguintes semanas.

Oito coruñeses

Do total de nomeados, oito son coruñeses, ou polo menos así o indicaron no momento da inscrición aos premios, aínda que algúns son proxectos compartidos entre xente de diferentes puntos de Galicia.

Na categoría de electrónica figuran tanto Galician Army como Løch, en músicas urbanas está Habló Pablo, como finalista de orquestras, grupos e música de verbena figura a Orquestra Bravú Xangai; na de jazz e músicas improvisadas está María Toro, na de músicas do mundo e mestizaxe Lidia India, en folk Alana e en artista emerxente o grupo Apolo18.

Ademais, tamén figuran varios artistas da contorna da cidade como son Talesien, da Laracha, na categoría Metal e Heavy e a Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros como finalista de bandas de música popular.

Desde este xoves o público e os socios e socias de Músicas ao Vivo serán quen escollan seus proxectos favoritos. As persoas interesadas poderán votar a través da páxina web do certame ata o 24 de maio. O voto do público, xunto ao das persoas asociadas a Músicas ao Vivo, contará cunha ponderación do 50% trala selección do xurado.

Estes son todos os finalistas:

  • METAL E HEAVY: Urko, Keepers e Talesien
  • CANCION DE AUTOR/A: Antía Muíño, Sangre de Muérdago e Zeltia Irevire
  • BLUES, FUNK E SOUL: Sabela Cereijo, Allo Negro e Guilherme Zapata
  • ELECTRÓNICA: Galician Army, Kike Varela e Løch
  • ROCK E PUNK: Loita Amada, Broken Peach e Stoned at Pompeii
  • MÚSICAS URBANAS: Hugo Guezeta, Habló Pablo e Lumedollop
  • ORQUESTRAS, GRUPOS E MÚSICA DE VERBENA: Lamatumbá, Orquestra Bravú Xangai e La Fórmula
  • MÚSICA CLÁSICA E CONTEMPORÁNEA: Alejo Amoedo, Ensemble Alletamento e María Mendoza
  • JAZZ E MÚSICAS IMPROVISADAS: Xan Campos "Amorodios", María Toro e Manuel Cebrián-punctum
  • POP E INDIE: Nadadora, Montedapena e Michu da Rocha
  • MÚSICAS DO MUNDO E MESTIZAXE: Lidia India, Marta Vidal e Abril Fado Atlántico
  • MÚSICA INFANTIL: Paco Nogueiras, Ollo Piollo e Golfiños
  • MÚSICA FOLK: Abril, Alana e Guezos
  • MÚSICA TRADICIONAL: Unto Vello, Donicelas e Carapaus
  • BANDAS DE MÚSICA POPULAR: Banda de Música Municipal de Celanova, Banda Da Escola Municipal De Música De Oleiros e Banda De Música Xuvenil De Torroso
  • ARTISTA EMERXENTE: Raze, Lula Mora e Apolo18

Premios Organistrum:

  • Organistrum COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN MUSICAL: Galicia En Concierto, A Canle De Rodri Míguez e Fogar dos Festivais
  • Organistrum FESTIVAIS: Festival Arteficial, Surfing the Lerez e Festival Alternativo Millo Verde
  • Organistrum SALAS: Sala Capitol, La Fábrica de Chocolate e Krazzy Kray!

TEMAS

Tracking Pixel Contents