Tanxugueiras, 9Louro e Dakidarría, entre os invitados á Festa das Letras da Coruña
O Concello presenta unha programación que recorrerá diferentes espazos da cidade do xoves 14 ao domingo 17 coa lingua galega como eixo central

Concerto de 9Louro. / Jesús Prieto
A Coruña celebrará A Festa das Letras do próximo xoves 14 ao domingo 17 de maio cunha programación que convertirá durante catro días distintos espazos da cidade no epicentro cultural da escena galega con concertos, espectáculos familiares, música tradicional, encontros e artes escénicas, que contarán cunha ampla presenza de creadores locais. Participarán referentes da música en galego como Ailá, MJ Pérez, 9Louro, Dakidarría ou Orquestra Bravú Xangai, haberá propostas para o público infantil, un encontro musical con Tanxugueiras e actuacións de asociacións coruñesas nos xardíns de Méndez Núñez.
Tamén Campo da Leña, praza de Azcárraga, teatro Rosalía de Castro, teatro Colón e Centro Ágora serán escenarios das diferentes propostas, con estilos musicais diversos e para toda a familia, foliada tradicional, encontros con artistas e espectáculos escénicos, que terán a lingua galega como eixo central para achegar a celebración das Letras Galegas a todos os públicos e exhibir a vitalidade da creación cultural en galego.
O Concello da Coruña celebra ademáis este mes de maio as andainas guiadas ‘A Coruña das Letras’ con Xurxo Souto. A primeira actividade, que leva por título ‘A ruta de Ulises Fingal, as pedras percebeiras da contorna da Torre de Hércules’, celebrarase este sábado; e a segunda, chamada ‘Na procura do antiguo Gremio de Mareantes’ será o día 30. A derradeira sesión leva por nome ‘O ascenso á Pena da Vixía’ e será o 6 de xuño. As inscricións poden realizarse a través do correo inscricionslingua@coruna.gal desde o luns anterior a cada unha das andainas ata que se esgoten as 55 prazas.
Tamén o próximo venres chega unha nova edición de AgoraSón Primavera, con concerto de Ialma. As bibliotecas municipais da Coruña reparten invitacións para asistir á actuación ao retirar material, tanto de lectura como audiovisual, en lingua galega.
Programación da Festa das Letras
Xoves 14
- 19.30 h – Teatro Colón – Encontro e diálogo con Tanxugueiras arredor do seu novo disco ‘O cuarto’.
Venres 15
Campo da Leña – Concertos
- 20.00 h – Néboa
- 21.30 h – Ailá
- 23.00 h – Brais Morán & Nasaufunk
Praza de Azcárraga – Público infantil
- 18.00 h – Charlatán Rodríguez
- 19.00 h – Uxía Lambona e a Banda Molona
Xardíns de Méndez Núñez – Tradicional
- 18.30 h – Xacarandaina
- 19.30 h – Son d’aquí
Centro Sociocultural Ágora (con invitación)
- 21.00 h - AgoraSón Primavera: Concerto de Ialma
Sábado 16 de maio
Campo da Leña – Concertos
- 12.00 h – Kafédepota
- 13.30 h – MJ Pérez
- 19.30 h – Adhara & Ritman
- 21.30 h – Orquestra Bravú Xangai
- 23.00 h – 9Louro
- 1.00 h – Dakidarría
Praza de Azcárraga – Público infantil
- 12.00 h – K’paparota
- 13.00 h – Pakolas
- 18.00 h – Cris de Caldas
- 19.00 h – Pesdelán
Xardíns de Méndez Núñez – Tradicional
- 18.30 h – Cántigas da Terra
- 19.30 h – Donaire
Domingo 17 de maio
Xardíns de Méndez Núñez
- 18.30 h · A Foliada das Letras, com Cántigas da Terra, Donaire, Maghúa, Son d’aquí, Xacarandaina e Espadana
Teatro Colón
- 12.15 h · Banda Municipal de Música da Coruña coa Escola de Artes Escénicas da Estrada
- 20.30 h – Isabel Dobarro presenta ‘Eidos’
- El Puerto de A Coruña tiende la mano al de Ferrol: pone 'a su disposición' sus muelles para apoyar el desembarco de la fábrica de coches de SAIC
- Revuelo en el negocio inmobiliario de Os Mallos, en A Coruña, por la futura intermodal: 'Hay interés de invertir en alquiler de temporada y habitaciones
- El eclipse de Sol llega a los mercados de A Coruña: el Concello distribuirá 20.000 bolsas con el diseño de la Torre
- El bar con uno de los callos más famosos de A Coruña: 'La receta no se ha tocado en 52 años
- El Concello de A Coruña da licencia para que Metrovacesa construya 100 viviendas en Visma: los precios arrancan en 293.000 euros
- Marineda City abre nueva tienda dedicada al universo femenino
- Medio siglo de la inundación que da de beber a A Coruña: cuando Cecebre anegó casas, fincas y hasta un secadero de algas
- José Luis Méndez Romeu: “A Coruña necesita una nueva instalación para la ópera y la ubicación perfecta es el muelle de Calvo Sotelo”