A Coruña celebra o Día Internacional dos Museos reivindicando a cultura como espazo de encontro e diálogo
O sábado 23 de maio haberá un amplo programa de actividades que se desenvolverá nos museos municipais, Museos Científicos, Casas Museo e Salas Municipais de Exposicións

Instalaciones en el Aquarium Finisterrae. / Iago López
A Coruña celebrará o Día Internacional dos Museos 2026 cunha programación especial que reivindica estes espazos como lugares de encontro, diálogo e construción colectiva. O Concello súmase á iniciativa promovida polo Consello Internacional dos Museos (ICOM) cun amplo programa de actividades que se desenvolverá o sábado 23 de maio nos museos municipais, Museos Científicos, Casas Museo e Salas Municipais de Exposicións, arredor do lema internacional Museos unindo un mundo dividido.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, salientou que esta programación reafirma o compromiso do Goberno de Inés Rey cos museos e centros culturais como servizos públicos esenciais. Segundo indicou, son espazos de coñecemento, convivencia e participación cidadá, capaces de fortalecer o diálogo social e a construción colectiva a través da cultura. A proposta local aliñase así co espírito do ICOM, que nesta edición pon o foco no papel dos museos como pontes fronte ás divisións culturais, sociais e xeopolíticas.
Actividades centrais da xornada
As Salas Municipais de Exposicións acollerán algunhas das actividades centrais da xornada. No Kiosco Alfonso, a mostra Trazos, de David Pintor, completarase cun obradoiro infantil e familiar ás 12.00 horas baixo o título Repintamos ao Pintor!, dirixido a público a partir de 5 anos. Pola tarde, ás 18.00 horas, celebrarase unha visita comentada á exposición. No Palacio Municipal, a exposición RESIS 2026: TO HO BOC GE a/v, de Juan Lesta e Marco Maril, ofrecerá ás 22.00 horas unha sesión performativa audiovisual en directo, precedida dunha charla introdutoria e dun encontro aberto co público.
As Casas Museo municipais tamén se sumarán á celebración cun programa especial. A Casa Museo Casares Quiroga ampliará o seu horario, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, e ofrecerá unha visita guiada ás 12.00 horas e un concerto acústico de Silvia Penide ás 19.00 horas. Na Casa Museo María Pita haberá dúas sesións dun escape room dramatizado, ás 12.00 e ás 18.00 horas, para público familiar con menores de 12 anos. Pola súa banda, a Casa Museo Picasso acollerá ás 11.00 e ás 18.00 horas a actividade teatral Vinte, da compañía Os Náufragos.
Entrada gratuita noso Museos Científicos Coruñeses
Os Museos Científicos Coruñeses celebrarán a xornada con entrada gratuíta á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae, en horario de 10.00 a 19.00 horas. Na Casa das Ciencias, a visita ás salas será libre, mentres que para asistir ás sesións do Planetario será necesario retirar invitación previa en ticketing.coruna.gal. Na Domus, o acceso será libre sen reserva, aínda que o espazo MiniDomus requirirá reserva anticipada. No Aquarium Finisterrae será imprescindible reservar previamente, agás no caso das persoas maiores de 65 anos, que poderán acceder sen reserva e acompañadas se o precisan.
O Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón completará a programación cunha proposta centrada na arqueoloxía, a creación artística, a memoria e a divulgación histórica. Todas as actividades serán gratuítas e requirirán inscrición previa a través do correo museo.arqueoloxico@coruna.gal ou do teléfono 981 189 850, cun prazo que abrirá o mércores 13 de maio ás 10.00 horas. Entre as propostas figuran os obradoiros infantís A arte do repuxado e Mans á obra! Creamos como na prehistoria, a actividade para público adulto As Venus do paleolítico: beleza, misterio e significado e dúas visitas guiadas ao castelo e ás coleccións do museo, ás 12.00 e ás 21.00 horas.
- A Coruña marcó la temperatura más alta de España a las 13.20 horas con 35,7 grados
- Revuelo en el negocio inmobiliario de Os Mallos, en A Coruña, por la futura intermodal: 'Hay interés de invertir en alquiler de temporada y habitaciones
- Condenado el lotero de San Agustín, en A Coruña, a tres años y medio de cárcel por quedarse con la primitiva de 4,7 millones
- El Puerto de A Coruña tiende la mano al de Ferrol: pone 'a su disposición' sus muelles para apoyar el desembarco de la fábrica de coches de SAIC
- Así es la terraza escondida en el bar más antiguo de A Coruña: junto a las vías del tren y con una de las mejores vistas de la ciudad
- El bar con uno de los callos más famosos de A Coruña: 'La receta no se ha tocado en 52 años
- Las 4 mejores playas de A Coruña y alrededores: con bandera azul, arena fina y protegidas del viento para huir del 'nordés' este verano
- La histórica ruta a Londres-Heathrow que A Coruña perdió en favor de Santiago dejará de operar este invierno