Entrevista | Gabri Reigosa Vocalista de Dakidarría
Dakidarría regresa á Coruña para un concerto pola Festa das Letras Galegas: "Begoña Caamaño tócanos moi de preto polo seu activismo"
A banda, que non actúa na cidade desde 2019, toma o escenario pasada a medianoite desde sábado no Campo da Leña

Os membros de Dakidarría, Gabri Reigosa e Anxo Iglesias, nos Cantóns da Coruña. / CASTELEIRO
O grupo galego Dakidarría pecha a xornada musical deste sábado na Festa das Letras na Coruña, con motivo do Día das Letras Galegas o 17 de maio, no Campo da Leña. A banda regresa á cidade logo de non tocar desde 2019, según recoñece Gabri Reigosa, o seu vocalista. Con máis de 23 anos de traxectoria, Dakidarría revisa a traxectoria e figura de Begoña Caamaño. O concerto comezará pasada a medianoite deste sábado, ás 01.00 horas do domingo, no Campo da Leña.
Dakidarría está moi presente en festivais de Galicia e España, tamén noutras cidades como Santiago. Actuar na Coruña vai ter algo especial?
Estes días detectamos que non actuábamos na cidade da Coruña desde 2019. Tamén sabemos que somos un grupo que ultimamente fai moi poucas salas. Hai que empezar a pensar que xa todos os espazos son espazos amigables, que para iso o fixemos o traballo de presentar a nosa banda por tódolos lugares. Amosamos a moita xente, que igual nos está chamando certas cousas, que somos moito máis que iso. Non somos só un grupo que protesta moito, senón que temos moito por transmitir e abrimos esas portas máis institucionais ou de festivais.
Dakidarría actúa ás 01.00 horas da madrugada polo Día das Letras Galegas, a última actuación. É a hora para unha banda xa de autoridade?
Creo que é un momento bo momento para actuar, tampouco é un turno de grupo de autoridade. Temos máximo respecto por todos os compañeiros. Bromeábamos o outro día, porque si que nos sorprendeu un pouco a hora, que o público de 9Louro é moi novo e igual ten hora para volver a casa. O noso público xa debe de ser o que pon hora de volta aos seus fillos. É certo que os anos pasan e a xente que conectou contigo desde o principio, vai medrando contigo tamén.
Nesta ocasión, Begoña Caamaño é a autora celebrada. Os concertos gañan presencia na axenda deste día. A música parece que se incorpora ás Letras Galegas, percíbeno?
Son músico, vexo moi ben participar neste día e tamén ten que haber un recoñecemento para nós, igual que recoñecementos a poetas ou escritoras de prosa, pois tamén a xente que escribe cancións. Ao final son letras, non? É unha porta que había que abrir e que me alegra moito que así sexa. Este ano a homenaxe a Begoña Caamaño tócanos polo seu activismo. A súa loita social, a súa conciencia de clase. É moi especial poder actuar nun concerto dun día das Letras á medida dela.
O cantautor Bob Dylan levou o Nobel de Literatura, quizais algún letrista será recoñecido polas Letras Galegas.
Entendo que, tal vez, tarden un tempo en decatarse diso. No principio pénsase en Literatura e sae teatro, poesía ou prosa. Moitos proxectos musicais, a gran maioría, teñen composicións letrísticas e son auténticos poemas, auténticas declaracións de intencións ou que, incluso, definen moi ben un sentimento. Outros viven máis da música ou do concerto, pero hai unha procentaxe que vive por como escriben esas letras. Ao mellor un ano nolo dan a nós, pero non o saberemos (risas). O Día das Letras Galegas, en particular, é algo que levamos moi dentro desde pequenos grazas ás escolas, estudamos a quen se homenaxea. É moi grande para unha persoa galega.
Despois de 23 anos de carreira, en que punto está Dakidarría?
Estamos nun punto que nin nós sabemos. Na pandemia houbo moito cambio. Con Dakidarría pasa como cunha persoa que a veces ten un cambio físico, pero é paulatino e non te decatas. Se botas a vista atrás, estamos nun momento moito máis cómodo que os primeiros dez anos, onde había que pelexarse moito. Estamos nun momento cómodo, un momento bonito, tamén vendo medrar a música do país e dun xeito pois exponencial. Estamos aprendendo desta situación nova. Dos nosos colegas de toda a vida da música, moitos xa non tocan. Intentamos empatizar con esta xente que empeza, que ten éxito. Dakidarría leva 23 anos, e nós estamos sempre no noso mellor momento.
Nesta última etapa, o grupo mudou e conta cunha canción dedicada á súa filla. Como chegaron ata aí?
Fixen cancións para xente que morreu, fiixen cancións para causas que me flipan ou para historias superbonitas, pero isto era moi cañeiro. Foi un golpe de realidade. Está escrita por min para a miña filla. O golpe de realidade que te levas cando tes un fillo, o primeiro, é moi brutal, moi denso. Cando baixo do choque, fago a canción e non me saía. A música chegou, pero a letra era moi complicada. Que fago? Que lle transmito? Tardei sete anos. Tiven que empezar a coñecer á persoa que é para empezar a falar de algo noso, ou máis alá. Non fun quen de expresar ese amor incondicional que nace cara a unha criatura que ten meses. Vaille quedar para sempre, para as boas e para as malas.
Os nenos van ser sempre o futuro?
Evidentemente somos un pobo que vive a situación que vive e que a veces tendemos a ser derrotistas, pero tamén creo que hai moita esperanza. Hai moitísima forza dentro da nosa terra, da nosa xente. Hai que creelo tamén, senón que nos queda. Creo que hai que crer.
E cales son os vicios de Dakidarría despois de tanto tempo? As teimas que non se perden.
Planificarnos é algo durísimo. Somos moi optimistas planificándonos e non aprendemos que as cousas levan máis tempo. Pensamos que en tres meses temos o disco gravado, pero as cancións teñen tempos. Sempre imos aí a contracorrente, pelexando. E outro dos vicios, parecerá romántico, pero é tocar en directo. A nosa axencia ten que pararnos os pés porque queremos ir a todos os lados e para poder levantar o proxecto hai que esixir unha serie de cousas.
Cales foron esas cousas que ao mellor pensaron que Dakidarría non ía vivir e si que conseguiron?
Moitas cousas. Cando empezamos, o soño era ter un grupo. Despois, empezou a ser o poder tocar en salas onde tocaron os grupos que nos gustaban. Esas fases rematamos superándoas. Falando máis a grande escala, diría que fomos prácticamente o único grupo que non era folk e saía a tocar en festivais estatais. Iso si que era un orgullo moi grande, que segue sendo. Poder saír a representar na nosa lingua nun estilo musical que non está moi apoiado, case sempre autodidactas ou autoxestionado. Eramos un grupo que estaba considerado de marxe, un grupo protestón.
Como atopa este momento de música galega en expansión?
Teño sentimentos encontrados, vou ser sincero. Cambiou todo moitísimo en poucos anos, moi poucos anos. Estamos falando agora do éxito da música urbana en galego e ese éxito da música urbana en galego vén de meses, diría. Este éxito das novidades, da xente que vai detrás seguindo o fenómeno, é novo. Por certo, o outro día lía que que hai mulleres na escena urbana, pero que non están tendo ese recoñecemento. É algo que hai que revisar. Eu estaba moi contento de estar dentro dunha familia de rock, de xente que ten uns ideais. Máis alá do folk, a maioría dos grupos que cantaban en galego tiña contido social. Agora, como se está democratizando o noso idioma, hai de todo. Hai xente que fai pop, hai cancións máis ñoñas, cancións que non falan de nada. Por esa banda, éntrame a vea punk. Ao mesmo tempo sei que é un sinal de saúde total e absoluta, polo menos da lingua. Incluso diría tamén que é un acto de rebeldía da xente que, sen querer, está facendo política. Estás cantando en galego, é unha lingua minorizada. Gústame como Mondra fai as cousas e como traballa. Non falo da música, senón como expresa porque hai unha profesionalidade desde cero.
Suscríbete para seguir leyendo
- El Puerto de A Coruña tiende la mano al de Ferrol: pone 'a su disposición' sus muelles para apoyar el desembarco de la fábrica de coches de SAIC
- Revuelo en el negocio inmobiliario de Os Mallos, en A Coruña, por la futura intermodal: 'Hay interés de invertir en alquiler de temporada y habitaciones
- El eclipse de Sol llega a los mercados de A Coruña: el Concello distribuirá 20.000 bolsas con el diseño de la Torre
- El bar con uno de los callos más famosos de A Coruña: 'La receta no se ha tocado en 52 años
- El Concello de A Coruña da licencia para que Metrovacesa construya 100 viviendas en Visma: los precios arrancan en 293.000 euros
- Marineda City abre nueva tienda dedicada al universo femenino
- José Luis Méndez Romeu: “A Coruña necesita una nueva instalación para la ópera y la ubicación perfecta es el muelle de Calvo Sotelo”
- El examen de Historia de España, el más difícil de la PAU 2026 en A Coruña: 'Nos ha matado