Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O tempo este domingo na Coruña: mañá de chuvia e o sol sairá para o Dépor-Andorra

As temperaturas estarán entre os 12ºC e os 17ºC

Deportivistas na previa do anterior partido en Riazor

Deportivistas na previa do anterior partido en Riazor / Carlos Pardellas

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Coruña

Durante este domingo, Galicia estará nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, cunha fronte moi pouco activa durante a mañá que irá marchando co paso das horas.

Desta maneira, na Coruña teremos ceos nubrados con chuvascos illados e ocasionais. Curiosamente, co avance da mañá irán marchando as nubes e, arredor das 14.00 horas, o ceo despexarase coincidindo coa hora de inicio do Dépor-Andorra no que pode ser unha chiscadela do ceo cara ao equipo branco e azul.

Malia que co avance da semana iremos vendo xa unha melloría no tempo na cidade, aínda o luns haberá de novo precipitacións nas horas centrais do día.

As temperaturas manteranse estables respecto ao sábado, cunha lixeira suba nas mínimas, que serán de 12ºC. As máximas serán de 17ºC.

Os ventos soprarán do norte-noroeste con intensidade frouxa, que tornará en moderada durante a tarde.

Tracking Pixel Contents