Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

'Aquí tamén se fala' celebrará o seu terceiro festival con Carolina Deslandes e De Ninghures

Celebrarase o venres 12 de xuño

Festival Aquí tamén se fala na súa edición anterior

Festival Aquí tamén se fala na súa edición anterior / German Barreiros/Roller Agencia

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Coruña

O movemento Aquí tamén se fala que naceu no instituto Rafael Dieste da Coruña celebrará o seu terceiro festival na praza da Tolerancia de Labañou o vindeiro venres 12 de xuño.

Nesta ocasión, tal e como destacan, dan o salto internacional o incorporar a cantante portuguesa Carolina Deslandes, "unha das artistas máis importantes da música de Portugal", tal e como destacan na publicación onde anuncian en redes o festival.

A eles engadirase o grupo coruñés Apolo 18 así como De Ninghures ou o artista Kid Mount.

O pasado ano foron Dios Ke Te Crew, Pava, Alana, Ulex e Boyanka Kostova quen participaron neste festival.

Nesta ocasión comezarán ás 17.00 horas e a entrada será de balde.

Tracking Pixel Contents