Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Coruña

A praza da Tolerancia volverá ser o epicentro da Festa dos Porcos de Labañou

Será o día despois do festival organizado pola iniciativa 'Aquí tamén se fala'

Membros de Banda Xangai no escenario da Festa dos Porcos.

Membros de Banda Xangai no escenario da Festa dos Porcos. / German Barreiros / Roller Agencia

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Coruña

A praza da Tolerancia de Labañou vivirá dous días de festa a vindeira fin de semana con dous eventos distintos. O venres 12 de xuño será quenda do festival organizado pola iniciativa Aquí Tamén se Fala onde actuará Carolina Deslandes, De Ninghures, Kid Mount e Apolo18.

Ademais, o sábado 13 celebrarase na mesma praza a Festa dos Porcos, nela haberá celebración durante todo o día con espectáculos e diversións para todos os públicos. O pregón correrá a cargo de antigos membros da asociación veciñal, que fai 50 anos. Tamén se preparará unha comida popular de arroz con porco para unhas 500 persoas a prezos populares.

A música correrá a cargo dos Combos de Música Moderna do Conservatorio Profesional de Música, de Donaire, das pandeireteiras da asociación de veciños ou da Lilicleta e a partir da tarde con La Yaya DJ, Adhara&Ritman, Los Jinetes del Trópico, A Banda da Balbina e Omiri, o proxecto de música electrónica e folk do artista portugués Vasco Ribeiro Casais.

Tracking Pixel Contents