Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Celtic Media Festival escolle A Coruña para celebrar os seus 48 anos de historia

Produtores, creadores, directivos de medios e responsables de contidos dos territorios celtas de Europa participarán no certame que se celebra do 1 ao 3 de xuño de 2027 na cidade. É a primeira edición que ten lugar en Galicia

Poster do Celtic Media Festival.

Poster do Celtic Media Festival. / LOC

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

O Celtic Media Festival converterá A Coruña nun encontro internacional de linguas, culturas e industriais audiovisuais das nacións celtas do 1 ao 3 de xuño de 2027. Será a primeira vez que o certame se celebre en Galicia nos seus 48 anos de historia, despois de que na última edición fosen trece producións galegas as nominadas aos seus galardóns. A iniciativa, impulsada pola TVG, o Clúster do Audiovisual Galego e institucións públicas que participarán como patrocinadoras, reunirá na Coruña a profesionais, produtores, creadores, directivos de medios e responsables de contidos dos territorios celtas de Europa ao redor de conferencias, sesión de networking, foros profesionais e a entrega do Torc Awards for Excellence, uns premios considerados entre os máis relevantes do sector audiovisual e radiofónico das nacións celtas.

Escocia, Irlanda, Gales, Bretaña, Cornualles ou a Illa de Man foron algúns dos territorios que acolleron ao longo da súa historia este festival internacional que promove a creación audiovisual en linguas minorizadas e a diversidade cultural, ademais de recoñecer os mellores traballos producidos neste eido en televisión, radio, cinema e novos medios. Plataformas de referencia como BBC, RTÉ, TG4, S4C, MG ALBA ou France 3 Bretagne participan cos seus contidos.

A participación galega contou nos últimos anos con ficcións, longametraxes, www.clusteraudiovisualgalego.com, documentais, programas de entretemento, contidos infantís e proxectos radiofónicos como candidatas aos seus recoñecementos.

Tracking Pixel Contents