Entrevista | José Ángel Brandariz Catedrático de Dereito da Universidade da Coruña
"En España vivimos unha etapa de rápido crecemento económico, o que supón un maior nivel de delitos"
O catedrático da Universidade da Coruña é membro do comité organizador do Congreso Español de Crimonoloxía, que comeza este mércores na facultade de Dereito, "o maior nunca celebrado de criminoloxía española"

José Ángel Brandariz, na facultade de Dereito da Universidade da Coruña. / Casteleiro
A Sociedade Española de Investigación Criminolóxica organiza a 15ª edición do Congreso Español de Criminoloxía na facultade de Dereito da Universidade da Coruña entre este mércores e este venres. Tamén será o primeiro Congreso Ibérico que se leva a cabo polas relacións da universidade cos centros educativos e de investigación portugueses. O catedrático de Dereito da Universidade da Coruña, José Ángel Brandariz, é membro do comité organizador.
Este ano nace o primeiro Congreso Ibérico de Criminoloxía, que supoñen estas novas colaboracións con Portugal e diferentes países americanos na criminoloxía global e española?
O evento é importante porque supón o maior congreso nunca celebrado de criminoloxía española, sendo ademais un campo académico relativamente novo no país. Xa se sucederon 15 edicións, mais nunca se fixeron cunha colaboración a nivel ibérica con Portugal porque o ámbito nese país xurdiu aínda máis tarde que en España. Esta é a primeira vez que se fai o congreso cun equipo de investigación como Ecrim [Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI] da Universidade da Coruña, que ten sólidas relacións cos centros portugueses e que polo tanto podía construír relacións de confianza e de cooperación que permitisen facer isto posible. Ao final, o congreso ten un maior atractivo, máis perspectivas, máis mesas, máis miradas; que fan que participen tamén investigadores e investigadoras doutros países, algo que tampouco é frecuente.
Algunhas das ponencias falarán sobre estudos e datos criminolóxicos.
Hai unha ponencia que falará especificamente da Coruña en materia de seguridade cidadá. No último medio século, estábase producindo o crime drop, que é a caída do delito, ata a pandemia cando en Europa comeza a medrar a criminalidade. En España vivimos unha etapa de rápido crecemento económico, o que supón tamén un maior nivel de delitos segundo recollen diferentes estudos.
A Coruña é especialmente insegura como percibe parte da poboación?
En términos xerais creo que temos un nivel de sobreexcitación bastante chamativo. Eu entendo que as persoas que teñen temor ou inseguridade teñen motivos para telo, porque efectivamente non vale de nada que se mate tres veces menos, porque o que queremos é que non se mate a ninguén. Nestes últimos anos, o que vivimos na Coruña non se diferencia demasiado do que estamos vendo a nivel do conxunto de España e en outros países de Europa.
Galicia convértese agora en punto de referencia, mais a situación do campo académico non é a mellor.
O cadrante noroeste non ten practicamente estudos de criminoloxía. En particular en Galicia, o grao non cubre a demanda e en vista do tirón que ten e terá este congreso, non é suficiente. Probablemente a criminoloxía non é en España hoxe algo interesante porque a empregabilidade é moi limitada, así que construír dobles graos é algo que funciona. O mellor de chegar tarde as cousas é que non cometas ese erro dos que chegaron primeiro. Hai moito camiño por andar e hoxe en día non temos as capacidades para andalo.
Un dos organizadores será o o grupo de investigación Ecrim da UDC. Que significa a celebración deste congreso para a universidade e a cidade?
Eu creo que para a cidade da Coruña debe ser un motivo de orgullo ter unha universidade puxante e en desenvolvemento. No centro, temos algúns equipos de investigación moi potentes, de gran proxección internacional, que levan o nome da universidade moi lonxe. Eu creo que todo isto é motivo de orgullo, e xa non o sinto só como membro da UDC, senón tamén como cidadá da Coruña, porque ao final tamén o que celebra o congreso é o propio nome da Coruña.
Por que esa proxección internacional non se percibe no ámbito nacional?
Un dous factores ten que ver co ermo no cuadrante do noroeste peninsular. Entón comezamos a participar en proxectos, colaboracións e actividades académicas con xente de nivel internacional. Ademais, a Universidade da Coruña ten unha aposta forte polo inglés en docencia, polo que o internacional non forma patre da excepcionalidade, senón da propia normalidade das actividades académicas. É unha pena. Agora ben, despois de organizar este congreso creo que tamén veremos un salto adiante importante en termos de recoñecemento.
En que grado as actividades do congreso enriquecerán o ámbito da criminoloxía?
Na criminoloxía estamos nunha etapa na que necesita consolidarse como paradigma académico, antes de conseguir unha aplicación práctica directa para a cidadanía. Probablemente no momento en que esa etapa conclúa, pasaremos a unha etapa máis práctica, aínda que en España polo de agora non é así. En definitiva, vai ser un congreso fundamentalmente para a progresiva mellora académica e non tanto para público que queira asistir e coñecer o tema dun xeito práctico.
De que xeito se favorecerán o estudo da criminoloxía en Portugal e en España con este congreso?
Os dous países gañan claramente visibilidade e consolidación tamén a nivel internacional. O feito de que aceptou vir a pechar o acto David Garland, un dos tres criminólogos máis importantes a nivel mundial, que a última vez que aceptou unha invitación para vir a España foi hai vinte anos, tamén reforza o perfil de toda a xente que está implicada niso, xa que é algo atractivo que un dos referentes da criminoloxía internacional decida vir. Quero intuír que, como a Universidade da Coruña é máis coñecida a nivel internacional que a nivel español, entón decidiu aceptar a proposta que viña dun sitio onde el sabe que antes tamén estiveron outros grandes profesionais.
Cal será a relevancia e recoñecemento do congreso?
Eu creo que o congreso vai a ser moi importante en termos de poñer a cidade da Coruña e a Universidade da Coruña no mapa da criminoloxía de maneira aínda máis clara do que xa está. Ademais, creo que de maneira indirecta reforza tamén a propia cidade da Coruña que está hoxe en auxe como punto de referencia en niveis económicos, culturais e académicos.
Suscríbete para seguir leyendo
- El restaurante para comer por 11 euros en el centro de A Coruña como en casa de la abuela: 'Los callos, la carne asada y el cocido son lo que mejor me representan
- El bar de Monelos que ya vende 46.000 tortillas en A Coruña: 'Tardamos 7 años en llegar a la receta
- Una filial de Monbus, única aspirante a gestionar la estación de buses de A Coruña
- El nuevo 'takeaway' italiano de A Coruña que triunfa con sus pizzas artesanas: 'Aquí no tenemos congelador
- Del Paseo de los Puentes a Inditex: la artesana del papel que conquista a las grandes marcas desde A Coruña
- El Centro Comercial Cuatro Caminos de A Coruña suma una nueva oferta a su zona de restauración
- La nueva cafetería argentina de A Coruña donde todo es artesano: 'Hasta la pasta de pistacho es casera
- Aterriza en A Coruña una nueva hamburguesería que huye de los ultraprocesados: 'Lo hacemos todo desde cero