Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Alberto Lema, gañador do Xerais, presenta o seu poemario 'Río Grande' este luns na librería Berbiriana da Coruña

A obra "nace da conciencia do risco de extinción" do pobo galego, que "ten como síntoma principal o devalo no uso da lingua"

O escritor Alberto Lema.

O escritor Alberto Lema. / Víctor Echave

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Coruña

O exconcelleiro da Coruña Alberto Lema, que vén de gañar o Xerais de Novela co seu libro A boca do río, presenta ás 19.00 horas deste luns 22 de xuño, na librería Berbiriana da Coruña, o seu poemario Río Grande, acompañado por Henrique Rabuñal. O autor levaba anos de afastamento da lírica, e asegura que en Río Grande colleitou os “escasos intres” nos que a poesía lle fixo visitas durante os últimos dez anos, xa que só pode escribir poesía en determinadas situacións e esas situación non se prolongan moito tempo. Río Grande, subliña, “nace da conciencia do risco de extinción dese pobo, que ten como síntoma principal o devalo no uso da lingua”.

Lema comeza en Portomouro e remata en Fisterra, e leva polo curso do Tambre cara á costa. Trátase do seu país natal, o de Soneira, Bergantiños e a Costa da Morte, un mundo atravesado polorío no que se superpoñen antigo mundo labrego e mariñeiro, de pedra e de tella, a par do novo, de ladrillo e de uralita. “Eu nacín no segundo”, asegura, “xa máis proletarizado”. O escritor indica que a literatura é cambio e tamén repetición, reescritura, porque “escribimos de novo un texto que outros comezaron xa na nosa lírica medieval e que proseguiron máis adiante aqueles que Manuel Antonio chamou os antergos. Nalgún caso, trátase de poetas que están vivos, galegos ou de fóra. Río Grande tenta asumir esa tradición desde o presente”. O día 25 estará na libraría Aenea de Compostela con Daniel Salgado e o 9 de xullo estará na Central Libreira de Ferrol con Manuel López Foxo.

Tracking Pixel Contents