Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Carta íntegra de dimisión de la concejala del PSOE en A Coruña Noemí Díaz

La edil socialista alega "motivos personales" y pide que su renuncia surta efecto en el pleno previsto para el 2 de julio

Noemí Díaz, concejala del PSOE de A Coruña.

Noemí Díaz, concejala del PSOE de A Coruña. / LOC

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Coruña

"A Coruña, 26 de xuño de 2026

Á atención da Excma. Sra. alcaldesa e presidenta do Pleno municipal, Dna. Inés Rey García

Eu, Noemí Díaz Vázquez, comunico por medio da presente a miña vontade de renunciar ao cargo de concelleira do Concello da Coruña, no Grupo Municipal Socialista, que veño exercendo dende a miña toma de posesión na sesión constitutiva da Corporación Municipal celebrada o 17 de xuño de 2023, por motivos persoais.

Quero tamén expresar que foi unha honra poder servir á miña cidade durante estes tres anos como integrante da Corporación municipal. Este tempo supuxo para min una experiencia de enorme valor, na que tiven a oportunidade de aprender e medrar tanto no plano político como no técnico, coñecendo aínda máis de preto a realidade da Coruña e da súa xente.

Agradezo sinceramente ás veciñas e veciños o trato, o respecto e o cariño recibidos ao longo deste período, así como a todas as persoas coas que compartín traballo e responsabilidade institucional. Levo comigo unha fonda aprendizaxe destes anos de servizo público e o orgullo de ter contribuído, desde as miñas responsabilidades, ao traballo colectivo en favor da cidade.

Chegado este momento, considero que é tempo de pechar esta etapa e dar un paso ao lado desde a reflexión e o convencemento persoal.

Por todo o anterior, solicito que esta renuncia sexa elevada ao Pleno da Corporación Municipal da Coruña para a súa toma de coñecemento, producindo efectos desde o 2 de xullo de 2026.

Con gratitude polo vivido e aprendido durante estes anos de servizo público

Noemí Díaz Vázquez

Concelleira da Corporación Municipal da Coruña"

Tracking Pixel Contents