O medio século da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda celebrarase no Rosalía de Castro
Será cunha gala o vindeiro mércores 1 ás 20.00 horas

Presentación da gala dos 50 anos da ACAB / LOC
A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda celebra os seus primeiros 50 anos de vida que reivindicarán cunha cita especial no Teatro Rosalía de Castro o vindeiro mércores 1 de xullo ás 20.00 horas. Nela a entidade conmemorará o medio século de actividade cultural e compromiso coa lingua e a sociedade galega.
Na mañá deste venres presentouse o festexo que será un reflexo da diversidade e da calidade da cultura galega actual a través dunha proposta con diferentes disciplinas. O programa incluirá a participación de artista como Raúl Galego e Mercedes Peón na música, Mofa e Befa co seu humor, Antía Goyene e Dadaneras coa danza contemporánea e Eva Veiga coa literatura oral.
O evento será presentado por Chus Álvarez e será dirixido por Clara Porta, nunha produción que conta coa colaboración de diferentes entidades culturais.
Axente fundamental
Na conferencia de prensa de presentación, o edil de Cultura, Gonzalo Castro, destacou a relevancia dunha agrupación “nacida no verán de 1976 da man dunha mocidade comprometida coa defensa da lingua galega e coa necesidade de artellar espazos de resistencia cultural”.
A ACAB conta con máis de 400 socias e socios e desenvolve arredor de 200 actividades anuais, consolidada coma un axente fundamental da cultura na cidade. Entre as súas propostas destacan algúns como A Coruña das Mulleres ou A Coruña Literaria, ademais doutras vencelladas ao teatro, á lectura ou á radio.
- El restaurante para comer por 11 euros en el centro de A Coruña como en casa de la abuela: 'Los callos, la carne asada y el cocido son lo que mejor me representan
- El bar de Monelos que ya vende 46.000 tortillas en A Coruña: 'Tardamos 7 años en llegar a la receta
- El rincón más inglés de A Coruña es una floristería al aire libre y lo cultiva una vecina de A Zapateira: 'A veces empiezo a las diez y salgo a las once de la noche
- La librería de A Coruña con libros hasta en el techo: 'Aquí dentro parece que estás en un submarino
- Una filial de Monbus, única aspirante a gestionar la estación de buses de A Coruña
- Alejandro Sanz siempre triunfa en A Coruña
- El Centro Comercial Cuatro Caminos de A Coruña suma una nueva oferta a su zona de restauración
- La nueva cafetería argentina de A Coruña donde todo es artesano: 'Hasta la pasta de pistacho es casera