Lingua
A iniciativa Aquí tamén se fala, do instituto Rafael Dieste da Coruña, galardoada pola RAG co II Premio Na lingua que eu falo
A súa capacidade mobilizadora foi moi valorada pola Real Academia Galega

Alumnos do Rafael Dieste pertencentes ao proxecto Aqui tamen se Fala / CARLOS PARDELLAS
A iniciativa Aquí tamén se fala, do IES Rafael Dieste, segue acumulando recoñecementos. A Real Academia Galega vén de concederlle o II Premio Na lingua que eu falo. Con el a institución expresa o seu recoñecemento a este proxecto.
"Na Real Academia Galega valoramos especialmente a aposta polo galego de Aquí tamén se fala como unha ferramenta de integración e intercambio cultural nun instituto urbano onde sete de cada dez alumnos son de orixe migrante; o papel activo outorgado á mocidade en todas as súas accións; e mais a súa capacidade de xerar un entusiasmo colectivo a prol do idioma a través de propostas que o vinculan a territorios que conectan cos intereses da mocidade, coma os do deporte, a música ou o audiovisual", explica o presidente da RAG, Henrique Monteagudo.
Entre os motivos polos que a institución académica galardoou o instituto lembran as ideas feitas realidade como lograr que figuras recoñecidas internacionalmente como Viggo Mortensen ou James Rhodes falasen galego nas redes sociais, o Festival ATSF, as entrevistas audiovisuais realizadas a referentes da escena musical galega ou o éxito da campaña O Dépor é da Coruña coa que lograron o pulo decisivo que conseguiu que o Deportivo pasase a chamarse "da Coruña".
"A pegada desta iniciativa, na localidade que é o fogar que acubilla a sede da RAG desde ese mesmo ano 1906 en que naceu o club, transcende o mero respecto á toponimia oficial e o mundo do deporte. Ten un capital simbólico enorme que reforza o galego como parte da identidade coruñesa, que a anima dalgún xeito a retomar o facho que prenderon aquí as Irmandades da Fala hai agora 110", valora o presidente.
"A escolla do proxecto do IES Rafael Dieste fai este premio chegue dalgunha maneira aos máis de 25.000 mozos e mozas dos 300 centros educativos que ata o momento se adheriron a este movemento. Queremos recoñecer todos eses embaixadores do idioma que animan os comerciantes dos seus barrios a colocaren na porta dos negocios os adhesivos que nos anuncian que Aquí tamén se fala galego; aplaudimos os fillos e irmáns que fan que se fale tamén máis nas súas casas, ou que entre por primeira vez nelas. Porque o futuro da nosa lingua se nutre da vitalidade da infancia e da mocidade, da que ten no galego a súa lingua materna e mais tamén da que a adopta posteriormente", expresa a escritora Fina Casalderrey, coordinadora da Primavera das Lectras, proxecto web no que se integra o Premio Na lingua que eu falo.
- El bar de Monelos que ya vende 46.000 tortillas en A Coruña: 'Tardamos 7 años en llegar a la receta
- El rincón más inglés de A Coruña es una floristería al aire libre y lo cultiva una vecina de A Zapateira: 'A veces empiezo a las diez y salgo a las once de la noche
- El restaurante para comer por 11 euros en el centro de A Coruña como en casa de la abuela: 'Los callos, la carne asada y el cocido son lo que mejor me representan
- La librería de A Coruña con libros hasta en el techo: 'Aquí dentro parece que estás en un submarino
- Alejandro Sanz siempre triunfa en A Coruña
- El Centro Comercial Cuatro Caminos de A Coruña suma una nueva oferta a su zona de restauración
- La nueva cafetería argentina de A Coruña donde todo es artesano: 'Hasta la pasta de pistacho es casera
- Aterriza en A Coruña una nueva hamburguesería que huye de los ultraprocesados: 'Lo hacemos todo desde cero