Xunta e Repsol aumentan en 3.000 euros o premio da XX edición do certame de Narrativa Breve
A novela curta en galego que gañe o certame será publicada pola Editorial Galaxia

Presentación dos premios, este luns. / La Opinión
A XX edición do Premio Narrativa Breve Repsol, que a empresa organiza en colaboración coa Xunta de Galicia, celebra as súas dúas décadas de existencia aumentando a dotación económica do galardón, pensando para impulsar e reforzar a creación de literatura en lingua galega. Aumenta de 12.000 a 15.000 euros, e a Editorial Galaxia publicará a novela curta gañadora. As obras poderán enviarse ata o próximo 31 de xullo. Os textos deberán ser orixinais e escritos en galego, conforme a normativa establecida pola Real Academia Galega, e terán unha extensión non inferior a 120.000 caracteres con espazos incluídos nin superior a 270.000 caracteres con espazos incluídos. Unha vez pechado o prazo, o xurado decidirá a obra gañadora que se dará a coñecer a finais do mes de setembro. As bases completas da convocatoria están en acoruna.repsol.es/gl.
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a xerente de Relacións Institucionais da Fundación Repsol, Mercedes Gómez, anunciaron este luns a nova convocatoria. O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude enxalzou a “relevante contribución” deste certame para a promoción de novos escritores, ao tempo que puxo en valor a súa achega “á hora de fomentar a lectura na nosa lingua.” Ao respecto, fixo fincapé en que se trata dun galardón “consolidado e de prestixio, que conta con lectores fieis pero que, debido ao interese que esperta sempre, consegue atraer outros novos á nosa creación literaria e en galego”.
A Xunta colabora co Premio de Narrativa Breve desde o seu nacemento, no ano 2006, cando foi creado polo Complexo Industrial de Repsol, período no que ten rexistrado a participación de case 600 obras orixinais de escritores e escritoras galegas. Na anterior edición, resultou gañadora Carmen V. Valiña, coa obra Illa de Sangue.
- La cafetería de A Coruña recomendada por Martiño Rivas en la guía de Zara: un icono con 82 años de historia frente al mar
- La playa de Oza se queda pequeña: 'Es de lo mejor de A Coruña. Eso sí, es playa de mañana
- La histórica cafetería de A Coruña que un chef Estrella Michelin recomienda para desayunar: 'Somos el salvavidas de A Falperra
- El actor Tamar Novas recomienda un restaurante cerca de A Coruña perfecto para una escapada gastronómica: pulpo con almejas como especialidad
- Los abuelos de A Coruña al rescate de sus hijos para cuidar a sus nietos: 'Es una experiencia que te devuelve con creces lo que aportas
- La conquista de Tom Jones en A Coruña
- Cinenterraza regresa a A Coruña con la proyección de ocho películas de culto al aire libre: fechas, horarios y entradas
- Pablo López, el coruñés incluido en la lista Forbes 30 Under 30: 'Diseñamos tecnología puntera en Galicia para que el valor se quede aquí