Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Fundación Neira Vilas recibe “con agrado” a homenaxe das Letras Galegas 2027: "Hai que seguir lendo a Neira Vilas"

A Fundación Xosé Neira Vilas celebra a decisión da Real Academia Galega e comprométese a continuar o legado do autor e o seu compromiso co idioma

O escritor Xosé Neira Vilas

O escritor Xosé Neira Vilas / LOC

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Coruña

A Real Academia Galega escolleu este mércores, 8 de xullo, a Xosé Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928-2015) como figura homenaxeada nas vindeiras Letras Galegas 2027 nun pleno ordinario no pazo de María Pita da Coruña. A Fundación Xosé Neira Vilas, tras facerse pública a decisión, declarou nun comunicado recibir "con agrado" esta "nova dimensión" dentro do "compromiso no uso e defensa da lingua galega, e a responsabilidade de traballar na salvagarda e a difusión do legado literario de Neira Vilas".

Destaca, asimesmo, a figura de Anisia Miranda, a compañeira de vida do de Vila de Cruces e "escritora e pedagoga que xenerosamente se uniu á causa da cultura galega e que, como subana e castelanfalante, adoptou o galego na súa propia creación literaria".

Ampla traxectoria

Alén "a gran repercusión" que tivo Memorias dun neno labrego, "que soubo dar voz aos pobres e aos humildes", dende a Fundación poñen o foco no "voluminoso corpus bibliográfico", que inclúe o conto e a novela, pero tamén a poesía, o ensaio, a investigación, a literatura memorialística e, por suposto, o xornalismo.

Resumen o gran mundo literario do autor cun "ilusionante" convite: "Hai que seguir lendo a Neira Vilas". Mentres tanto, indican, toca "celebrar o ano de Begoña Caamaño".

Tracking Pixel Contents