Entrevista | Martín Romero Ilustrador, autor de cómics e director de animación
O ilustrador Martín Romero, gañador do premio Autobán ao mellor fanzine galego: "A peza xorde como froito do meu caderno persoal"
A terceira edición do certame escolle ao artista como gañador coa súa obra autoeditada 'Diarios', na que recolleu un 'collage' das dúas inquedanzas

O artista Martín Romero no seu estudo en Monte Alto coa súa obra 'Diarios'. / GUS DE LA PAZ
"Reconforta sentir o recoñecemento a un traballo de moitos anos", detalla o ilustrador, autor de cómics e director de animación Martín Romero, que gañou o premio ao mellor fanzine galego 2025-2026 na terceira edición do premio Autobán. O certame, promovido pola Asociación Cultural Autobán co apoio do Concello de A Coruña, realizará a entrega de premios o venres 14 de agosto no Circo de Artesáns de A Coruña, dentro das actividades do Festival de autoedición e BD Autobán. Co seu fanzine Diarios, o artista, natural de Boiro e afincado na Coruña, recibirá unha dotación económica de 1.250 euros e un trofeo personalizado pola gañadora da anterior edición e membro do xurado, Julia Abalde.
A esta nova edición do premio presentáronse 35 proxectos entre os que se clasificaron 4 como finalistas e un deles, Antología de un recuerdo, de Silver Andree, obtivo o accésit cun diploma e unha dotación de 350 euros. Ademais, o público poderá ver todas as obras presentadas ao concurso na mostra ExpoFanzines Autobán no marco do festival Viñetas desde o Atlántico 2026 entre o 10 de agosto e o 27 de setembro na Biblioteca de Estudos Locais de A Coruña. O obxectivo do certame é a promoción e visibilidade da banda deseñada, a ilustración e a autoedición galega.
Como se achegou ao mundo do fanzine?
Os fanzines son pequenas publicacións autoeditadas que fai un mesmo. Comezas facendo os teus cómics e os vas imprimir. Antes non existían as feiras de autoedición e deixabas as túas pezas en tendas de cómics. Agora cada vez hai máis xente dedicada a isto e cada vez hai máis concursos e feiras de autoedición.
Cal é a idea que pretende transmitir a través da obra premiada?
Diarios é un fanzine feito cunha especie de collage, posto que dende hai moitos anos teño un caderno persoal onde anoto pensamentos, referencias que me gustan, debuxos, pequenas historias... Trátase de explorar diferentes vías no papel, que me serve como desafogo case a diario. A peza xorde froito dese caderno persoal no que mesturo moitos rexistros que logo apliquei ao fanzine. A idea era sacar unha obra que reflectise o espírito dos cadernos, ademais de que sempre me chamaron a atención as obras con material atopado, polo que intentei construir algo con eses cadernos. O resultado foi a diversión de moito material ao encaixar partes para cobrar un significado.

Martín Romero fai unha ilustración no seu estudo. / GUS DE LA PAZ
Que supón este recoñecemento?
Eu son da Coruña e levo moitos anos participando con Autobán tanto ofrecendo as miñas pezas como de espectador. Estou moi contento e encantado da visibilidade que proporcionan. Reconforta sentir o recoñecemento a un traballo de moitos anos e sentirse valorado polo que fas.
Como xorde a súa dedicación polo debuxo?
De pequeno debuxaba e me gustaba, ata que no instituto o deixei. Retomeino con 24 anos cando descubrín o cómic alternativo e comecei a facer cómics e fanzines onde enfrontei as miñas limitacións co debuxo. Despois cheguei á ilustración e contactei a editoriais e concursos para dedicarme profesionalmente a iso. Dende a ilustración, logo me movín ata a animación e puiden facer as miñas historias mesmo a través de backgrounds e curtametraxes.

O ilustrador na mesa do seu estudo onde crea as súas pezas. / GUS DE LA PAZ
Moitos dos seus traballos son recoñecidos polas miradas internacionais e publicados en medios como Le Monde Diplomatique. Como é a súa produción?
Dentro da ilustración e do debuxo, toco moitos ámbitos, dende o traballo persoal ata o máis groso que son encargos con finalidade máis comercial, como ilustrar portadas de libros ou na prensa. O cómic é algo máis persoal, xa que xorde dun mesmo. Dentro del tamén existen as vías de autoedición e a máis comercial, e eu traballo en ambas, a primeira con traballos máis longos e a segunda con obras que non encaixan dentro do mercado.
No mundo do audiovisual recibiu un Goya pola súa curtametraxe To Bird or Not to Bird. Cal é a súa relación co mundo da animación?
O audiovisual é un medio con certa relación co cómic, pero tamén moi diferente. A narración e ritmo de lectura no cómic son marcados polo lector, mentres que na animación podes xogar con outros recursos como o son e a música, que abren un mundo de posibilidades. O audiovisual é un traballo moi tedioso e as veces é liberador volver ao cómic, xa que en comparación, vólvese máis liberador. Agora, as historias nacen na miña cabeza xa pensadas para un determinado medio.
Cales son as súas expectativas a futuro?
Quero continuar dedicándome ao debuxo, ilustración e animación todo o tempo que poida. Levo case 20 anos nisto e me encantaría seguir mentras teña a oportunidade. Nun futuro teño varios proxectos en proceso, como un novo número de Diarios e outros fanzines que se verán tamén no Autobán. Ademais, tamén estou cunha nova curtametraxe chamada Unha bágoa e co deseño total dun libro infantil, con textos e imaxes feitos por min.
- La calle de A Coruña con mayor peligrosidad: 15 accidentes en 600 metros
- Vogue corona una canción gallega entre los grandes himnos del verano: sus autores actuarán gratis en A Coruña
- La alcaldesa de A Coruña destituye al concejal de Urbanismo ante el Icomos y como presidente de la comisión del plan de la Ciudad Vieja
- El barrio de A Coruña para huir de la nubosidad en el eclipse total de 2026: 'Aquí estamos por encima de las nubes
- Nueva batalla judicial por la cárcel de A Coruña: el Estado lleva al Ayuntamiento ante el Tribunal Supremo
- La pastelería de A Coruña oculta por un andamio desde hace cinco años: 'La gente nos encuentra por el olor
- Preocupación entre los padres del alumnado de seis escuelas infantiles de A Coruña ante el cambio de gestión
- El Interrail se afianza entre los jóvenes de A Coruña gracias a las agencias: 'Se trata de dar seguridad a los padres