Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Mondra, Unto Vello ou Devrish entre os artistas que actuarán na Romaría de Santa Margarita de A Coruña

A festividade terá lugar entre o 28 e o 30 de agosto, e contará con actuacións musicais, obradoiros e mostras de artesanía musical

Presentación da Romaría de Santa Margarida

Presentación da Romaría de Santa Margarida / CASTELEIRO / LCO

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Coruña

A Romaría de Santa Margarita contará con grandes artistas do nivel de Devrish, Modra, Unto Vello, Alana ou Os Viqueiras dentro dunha gran programación cultural. A festividade terá lugar entre o venres 29 e o domingo 30 de agosto no parque de Santa Margarita. Esta edición volverá a encher o lugar de música, tradición e cultura galega. A organización desta festa tamén é posible grazas a colaboración e a implicación das asociacións culturais Son d'Aquí, Donaire, Xacarandaina e Cántigas da Terra. "As asociacións culturais desta cidade son as auténticas gardiás e transmisoras da nosa tradición musical e popular", recalcou a alcadesa da cidade, Inés Rey.

O parque de Santa Margarida acollerá múltiples actuacións musicais, obradoiros para distintas edades e mostras de artesanía.

Programación

A romaría arrancará o venres ás 18.00 horas co concerto de PÄRBO, grupo formado por Begoña Riobó e Anxo Pintos, no planetario da Casa das Ciencias, e ás 21.00 horas terá lugar a tradicional Gran Noite do Folclore coa oparticipación de Son d'aquí, Xacarandaina, Donaire e Cántigas da Terra. O sábado durante todo o día haberá distintos obradoiros, mostras de entidades e artesanía musical. Ás 13.30 horas tocará a charanga Benofán e as 19.30 horas actuará a Real Banda de Cadeiras Encartables. O prato forte do sábado serán as actuacións dos grupos Unto Vello, Alana e Os Viqueiras ás 20:30 horas no anfiteatro de Santa Margarita.

O domingo ás 12.00 horas actuará a Banda Municipal de Música da Coruña xunto a Donaire na Escalinata da Casa das Ciencias. Unha hora mais tarde terá lugar no Escenario das merendas o concerto de Pansenfron, no mesmo lugar ás 17.30 horas actuará Son Galaico. Para pechar as festas contarán co grupo tradicional irlandés Dervish, o grupo asturiano Herbamora e Mondra ás 20.00 horas no anfiteatro de Santa Margarida.

Tracking Pixel Contents