O Festival Noroeste Estrella Galicia mellora as súas medidas de accesibilidade
A cidade da Coruña aspira a converterse nun referente en integración con mochilas vibratorias, cascos illantes ou linguaxe de signos nos concertos.
Espectadores con problemas de mobilidade queixáranse na edición pasada polos lugares que lles foran asignados

Público no festival Norotste Estrella Galicia / Germán Barreiros
O Festival Noroeste Estrella Galicia aumenta as medidas de inclusión respecto a edición do pasado. O Concello da Coruña quere que este festival sexa aberto, inclusivo e accesible para todo o mundo, con estas accións pretenden eliminar as barreiras físicas, sensoriais e comunicativas para que todas as persoas poidan gozar da música e da cultura. As medidas, que presentou esta mañá de xoves a alcaldesa, Inés Rey, inclúen a interpretación en lingua de signos, mochilas vibratorias, bucles magnéticos, cascos illantes, mapas accesibles e zonas reservadas para persoas con mobilidade reducida. "Con estas medidas pretendemos facer real o dereito de acceder a cultura en igualdade de condicións", explicou a rexedora.
As actuacións mais destacadas do festival como as de Yerai Cortés, Dorian, Baila, Spirits, Rusowsky, Sés, Bomba Estéreo e Echo & The Bunnymen, disporán de todo o abano das medidas de inclusión. "É unha experiencia piloto coa que comezamos este ano, contamos con dous escenarios principais que son o de Riazor e o de María Pita, onde haberá un servizo de préstamo destes equipos", indicou Rey. O sistema de préstamo estará accesible 90 minutos antes do comezo dos concertos, as persoas que o precisen terán que solicitar os equipos nos puntos de información, en María Pita o posto estrá diante da igrexa de San Jorge, e nos concertos da praia estarán ao lado da caseta de socorrismo de Riazor.
Na programación
Este ano tamén hai inclusión na programación artística. "Por primeira vez o festival contará con proxectos como a Banda Diversidarte, Freestyle People & Gallos del Norte e a Orquesta Invisible, que son iniciativas culturais formadas por persoas con diversidade funcional que fan da música unha ferramenta de expresión, participación e transformación social e humana", expresou Inés Rey.
Estas medidas pretenden facer de A Coruña unha cidade mais inclusiva en todos os ámbitos, no urbano, nos servizos públicos, equipamentos municipais e na programación cultural. "Con este festival queremos converternos nunha referencia de inclusión e accesibilidade, porque aspiramos a formar parte da rede de festivais inclusivos da fundación Music for All", recalcou a alcaldesa.
Queixas
Segundo informou La Opinión, varios usuarios con problemas de mobilidade queixáranse das ubicacións que lles asignaron na edición do ano pasado: situáranos lonxe do escenario ou —mesmo no caso da praza de España— detrás de obstáculos que lles impedían a visibilidade. Os usuarios de cadeira de rodas levaron unha desagradable sorpresa ao chegar ao escenario que o festival instala cada ano en Riazor e descubrir que, a diferenza de anos anteriores, a zona reservada para persoas con mobilidade reducida estaba situada a unha distancia considerable do escenario.
- La calle de A Coruña con mayor peligrosidad: 15 accidentes en 600 metros
- Vogue corona una canción gallega entre los grandes himnos del verano: sus autores actuarán gratis en A Coruña
- La alcaldesa de A Coruña destituye al concejal de Urbanismo ante el Icomos y como presidente de la comisión del plan de la Ciudad Vieja
- El barrio de A Coruña para huir de la nubosidad en el eclipse total de 2026: 'Aquí estamos por encima de las nubes
- Nueva batalla judicial por la cárcel de A Coruña: el Estado lleva al Ayuntamiento ante el Tribunal Supremo
- La pastelería de A Coruña oculta por un andamio desde hace cinco años: 'La gente nos encuentra por el olor
- Preocupación entre los padres del alumnado de seis escuelas infantiles de A Coruña ante el cambio de gestión
- El Interrail se afianza entre los jóvenes de A Coruña gracias a las agencias: 'Se trata de dar seguridad a los padres