Lucía Veiga, pregoeira das Festas de María Pita: "Na Coruña temos tanta luz propia, que podemos permitirnos vinte eclipses sen quedar a escuras"
A actriz e humorista reivindicou a identidade coruñesa como unha forma de pertenza que vai moito máis alá da orixe, homenaxeou ás mulleres da cidade e resaltou o legado de figuras como María Pita, Emilia Pardo Bazán, Sofía Casanova, María Casares ou Juana de Vega
A actriz e humorista Lucía Veiga, "cascarilleira orgullosa" dos Mallos, asomouse este sábado ao balcón do palacio municipal da Coruña para prender un mes de efervescencia festeira na cidade. Ante centenares de veciños, e visiblemente ilusionada, a actual presidenta da Academia Galega do Audiovisual pronunciou o pregón das Festas de María Pita 2026, antes de que outra artista moi querida na Coruña, a cantante Luz Casal, ofrecese o primeiro concerto gratuíto dos festexos, que comezou case media hora máis tarde por un problema na mesa de sonido.
"Dar o pregon das festas da Coruña é moi emocionante, e moi complicado. Máis que conseguir unha parcela na praia polo San Xoán, pagar un abono do Deportivo, atopar un piso de aluguer na zona tensionada ou un sitio onde aparcar a BiciCoruña en hora punta", arrincou Veiga un pregón no que reivindicou a identidade coruñesa como unha forma de pertenza que vai moito máis alá da orixe, apelando ao sentimento compartido de quen escollen a cidade como fogar.
"Dar o pregon das festas da Coruña é moi emocionante, e moi complicado. Máis que conseguir unha parcela na praia polo San Xoán, pagar un abono do Deportivo, atopar un piso de aluguer na zona tensionada ou un sitio onde aparcar a BiciCoruña en hora punta", sinalou Veiga

RAC
"Alma, elección e sentimento"
A intérprete defendeu que ser coruñés ou coruñesa “é unha cuestión de alma, unha elección, un sentimento”. "Viñeras a esta cidade a estudar ou traballar, hai un momento no que deixas de concebir a vida sen o arrecendo do mar, as augas frías, a areas gordas, as rúas venteadas, os paseos ateigados, o rebumbio dos barrios e a cantinela do acento coruño. E aí pasas a ser CTV. Ou por que non, CTA, coruñes de toda a alma", considerou, para sentenciar:
"Manuel Rivas di que os escritores falan moitas veces da luz da Coruña, e el cre que esa luz non ven só do ceo, ven da xente que a habita. E eu concordo con Manolo, e engado, que na Coruña non precisamos prender luces de Nadal en agosto. Onde hai Rey non manda Caballero. Temos tanta luz propia, que podemos permitirnos vinte eclipses sen quedar a escuras".
A intérprete concluiu a súa intervención convidando á cidadanía a vivir intensamente as festas: “O que teña gana de festa, que me siga! Vivan os CTV! Vivan os CTA! Viva A Coruña!”
Tras resaltar o carácter "aberto, resiliente e acolledor" da Coruña, a pregoeira reivindicou a cultura como un "elemento esencial" da vida colectiva. "Cultura sempre", proclamou a presidenta da Academia Galega do Audiovisual durante a súa intervención, animando a coruñeses e coruñesas a non renunciar nunca a ela por ser unha ferramenta que "abre as mentes e ensancha os corazóns".
Homenaxe ás mulleres da Coruña
Lucía Veiga destacou, ademais, o espírito dunha cidade "mariñeira, comerciante, industrial, coqueta e orgullosa", capaz de adaptarse ás dificultades sen perder nunca a súa personalidade, e aproveitou o peche do pregón para homenaxear ás mulleres da Coruña e ás xeracións que contribuíron a construír a urbe actual. "Reclamade o voso sitio. Chegade onde queirades chegar. Nunca esquezades ás mulleres que nos precederon e que tamén fixeron desta cidade o que é", resaltou a actriz, quen recoñeceu o legado de figuras como María Pita, Emilia Pardo Bazán, Sofía Casanova, María Casares ou Juana de Vega.
Despois dun aplaudido "Vivan Os Mallos!", a intérprete recordou á súa "tropa do Eusebio", á "familia de Xacarandaina" e á súa "xente da Falperra, Santa Lucía e Os Mallos", un barrio "traballador, honesto, plural e orgulloso", subliñou, e concluiu a súa intervención convidando á cidadanía a vivir intensamente as festas: “O que teña gana de festa, que me siga! Vivan os CTV! Vivan os CTA! Viva A Coruña!”.
- Incertidumbre sobre el estado del cielo en A Coruña por el eclipse: la Aemet pronostica sol, pero MeteoGalicia duda
- La alcaldesa de A Coruña destituye al concejal de Urbanismo ante el Icomos y como presidente de la comisión del plan de la Ciudad Vieja
- El día después del eclipse en A Coruña: 83.712 coches, más usuarios de bus y 218 toneladas de basura
- El eclipse total de sol en A Coruña en directo: sigue todos los detalles sobre el fenómeno astronómico del año
- ¿Dónde ver el eclipse en A Coruña sin salir de tu barrio? El Concello propone 43 rincones con vistas estratégicas
- Javier Saavedra, director de Los Satélites: 'Las fiestas de María Pita deberían dedicarle un día a las verbenas
- La guía definitiva para ver el eclipse solar en A Coruña: recomendaciones, uso de las gafas y zonas a las que no se puede ir
- Así son los cortes de tráfico y el dispositivo de transporte público este día del eclipse en A Coruña
