Viñetas desde o Atlántico
Alberto Taracido, debuxante coruñés: "O máis difícil é a historia e como contala"
O ilustrador coruñés firma en Viñetas desde o Atlántico o seu cómic 'Os ecos dos días rotos', unha obra persoal que evoca a súa infancia no barrio de Labañou durante os anos 70

Alberto Taracido posa co seu cómic, ambientado no barrio de Labañou / GUS DE LA PAZ / LCO
Alberto Taracido é unha dos profesionais da ilustración e dirección artística máis recoñecidas do país. É tamén autor de L’echo des jours brisés (Os ecos dos días rotos), un cómic baseado no Labañou da súa infancia, e unha obra que lle permitiu dar un salto ao mercado franco-belga. Estará este xoves firmando no Viñetas Estudio ás 19.30 horas con Sebas Martín.
Este é o seu primeiro Viñetas como autor. Como coruñés que significa para vostede participar no Viñetas?
A organización son un montón de amigos de toda a vida, eu son visitante do Viñetas de toda a vida. Hoxe é o meu aniversario, sempre coincide. Pero estar este ano cun álbum que fala do meu barrio de Labañou no Kiosco Alfonso ao lado de Carlos Jiménez, que é un dos meus referentes no cómic, é a guinda do pastel.
Traballou durante moitos anos en películas de animación e fixo un par de cómics. Que diferenza lle ve a ser unha peza de algo máis grande a estar só a cargo de todo un proxecto?
Toda a miña carreira, por inquietude e pola parte económica, ser debuxante ou deseñador gráfico é una carreira que é una montaña rusa. Estás arriba, gañando premios nacionais ou internacionais, e aos catro días estás buscando choio. O cómic sempre estaba en paralelo pero eu traballaba máis a ilustración desde o mundo cinematográfico. Desde o 98 ata agora, foi audiovisual. Comezamos polo Bosque Animado, primeira película 3D de Europa. Eu sempre quixen quedar na Coruña. En todo este know-how de traballos de todo tipo chegou o cómic, desde o 2014 tiña ganas de facer cousas, collía un proxecto e o paraba, era un plan B. A experiencia de Mr Crabb y el paraíso foi... Despois de toda una vida traballando en equipos, atopeime só na mesa, coa miña música, e dixen isto hai que probalo máis. Aí o plan B converteuse en plan A.
Como chegou Os ecos dos días rotos a publicarse?
Tiven a sorte de presentar un proxecto que non pintaba moito que gustase fora. Eu quería levalo para fora e facer un efecto boomerang, que vai para fora para que logo volva. Non ao revés, porque ao revés pode que nin chegue. Xogueima á primeira baza, ao mercado franco belga e tiven a sorte de encontrar una editorial marabillosa, coidáronme, déronme a liberdade que quería, que era fundamental na negociación, porque era una homenaxe ao meu barrio e on quería co guionistas. Traballo de autor puro e duro. E a partir de aí estou traballando no mercado francés.
Estivo tamén probando a industria de cómic americana. Cal é o principal contraste co cómic europeo?
Hai diferenzas moi grandes. Eu son máis lector de cómic español, francés ou italiano. O cómic europeo é o que comín. Hai autores que me gustan moito en Estados Unidos- Will Eisner é un dos meus deuses- pero a temática engánchame moitísimo máis a europea. Pero eu quería probar alá. Sabía que era un traballo moito máis industrial. Somos pezas: un fai o lapis, outro a tinta, outro a cor… Eu tiven a sorte de facer as dúas cousas máis importantes, lapis e tinta. Era un pouco como ter o poder e o resto van detrás de min. A cor tamén quería collela, pero non puiden. Os ritmos son rapidísimos alá. Non lle tiña medo porque veño da animación e tamén son moi rápidos, pero non tes marxe a corrixir e é algo que a min non me gusta. En Valiant coidáronme moitísimo e a experiencia foi marabillosa, un máster, pero foi cando dixen 'vou facer algo meu', quero facelo eu só. E é onde sae moitísimo traballo. En animación éramos 30, 50. Aquí estás ti e un editor. Pero é moi bonito polo reto que ten.
Cal é a parte do proceso que considera máis complexa?
Contamos historias. Hai que empezar por aí. Poden ser ilustradas, poder ser animadas, faladas, pero o que manda é a historia. Ver efectos especiais está moi ben pero se non engancha na narrativa é como ver fogos artificiais. O máis difícil é a historia, e como contala. Ti podes ter una boa historia pero é como un chiste. Ti contas un e non se ri nin dios, aínda que sexa a hostia, ven outro cun peor e rise todo o mundo. Tanto o guion como o story board, que é o que vai marcar o ritmo- como colocas o plano, a narrativa visual- para min é o fundamental. Coller as páxinas e debuxalas, cae de contado que sabes facelo, a iso chámolle produción.
Está embarcado nun proxecto importante. Que se pode saber del?
É un encargo. O único traballo de autor foi o eco dos días rotos. A editorial gústalle como debuxo, levaba buscando debuxante como tres anos e atopouno en min. É un clásico de Francia, en formato grande, un buque insignia.
- Despedido el director de una oficina bancaria de la avenida de Fisterra de A Coruña por falsificar firmas de clientes y abrirles tarjetas de crédito para cumplir objetivos
- Estrella Galicia demuele un concesionario al lado de su sede en A Coruña para un nuevo uso
- El restaurante de A Coruña elegido para rodar la nueva temporada de ‘Clanes’ de Netflix: 'Buscaban un lugar que recordase a China
- La historia de amor de Hijos de Rivera con un polígono de A Coruña: 'Da vida a espacios en desuso de A Grela y crea otros de referencia
- Abre Marrano en A Coruña, el local informal de tapeo para amantes de la carne a la parrilla: 'Aquí nada de sentarse en una mesa con mantel
- El restaurante que recomienda Martiño Rivas en la guía de Zara por su tortilla: “Todo gira en torno al sabor”
- Problemas detectados en la estación histórica de tren de A Coruña obligan a replantear el final de los trabajos: 'Hay deficiencias que condenan el uso del inmueble
- El bus de A Coruña se podrá abonar con tarjeta de crédito: 'Hay mucha gente que pide hacerlo y hay conductores que acaban pagando billetes