Miguel Robledo, ilustrador de banda deseñada: "Gústame moito a temática desta edición, que se preste atención á memoria histórica"
O viñetista galego inspirouse na obra do grabador francés Grandville e nunha portada de Queen para realizar o cartaz desta edición

O ilustrador Miguel Robledo diante do Palacio de María Pita. / LOC
Como empezou no mundo da ilustración?
É o tópico, somos nenos que nunca deixaron de debuxar. Supoño que non cheguei a ter unha carreira noutra cousa e tiven a sorte de poder dedicarme ao que me gusta, entón nunca parei de debuxar.
En que momento dase de conta que podía vivir profesionalmente disto?
É unha profesión complexa, na miña casa deixábanme facer o que me gustaba, pero penso que crían que nalgún momento caería da burra, e que acabaría facendo un oficio como dios manda, pero nunca se deu o caso. Tiven a sorte de poder tocar varios ámbitos, sempre traballei na banda deseñada, pero tamén estiven en publicidade, en animación na Coruña e agora estou no mundo editorial como director de arte e ilustrador de Aira Editorial, en Allariz.
Traballou en ámbitos moi diversos do mundo da ilustración. Hai algún que lle gustara mais especialmente?
Eu penso que todo se complementa. Ao final, veño do mundo do cómic, aínda que agora traballo ilustrando algo mais pictórico, pero a base sempre é a mesma, non me podo agochar diso. A narración gráfica da animación é algo mais parecido á banda deseñada, pero é outro formato, entón digamos que cada campo se complementa. Saber maquetar ou saber deseñar tamén axuda a que debuxes mellor, ao final todo vai unido.
Qué é o que mais lle gusta debuxar?
Digamos que nunca tiven un éxito claro nun rexistro en concreto, e agora iso xa é a miña marca de autor. Podo facer moitos estilos, porque sempre fixen un pouco de todo como libros infantís ou xuvenís, percorrín todo o rango de idade. Eu tómome cada proxecto con certo desafío e busco ter variacións de estilo, traballar con lineas, con cores planas, traballo mais pictórico, con mais ou menos luz. Eu aburrome se fago todo o rato o mesmo, procuro variar pero a base sempre é a mesma.
Actualmente traballa con programas de ilustración dixital, pero no seu día a día segue debuxando en físico?
Eu traballo en dixital, o único que me queda en analóxico é a libreta. No meu caderno teño debuxos de cousas do día a día como unha aspiradora. Agora ando obsesionado co alfabeto e coa construcción, busco darlle forma as cousas. Procuro non perder o papel, todos os día levo a libreta enriba e, aínda que sexan dez minutos busco crear algo. O dixital permite crear moitas cousas, pero cando entras nun museo e ves a reproducción dunha obra en dixital e ves unha orixinal, percives cal ten vida, cal ten espírito.
Como lle chegou a proposición para facer o cartel desta edición de Viñetas desde o Atlántico?
Foi cousa de Manel Cráneo, coñece o meu traballo e ambos comezamos fai moitos anos na revista Golfiño. Foi nunha revista onde nos profesionalizamos unha xeración, estábamos Manel, Jacobo de Marcopola: Dragoneta e eu. Cando saquei o meu primer álbum, Territorio, o dos armadillos, nunca publicara a nivel nacional, e cando pasou Manel aproveitou a excusa para convidarme como autor, que xa era algo que me parecía imposible, e aínda por riba encargoume o cartaz. Eu lembro visitar a primeira edición do Viñetas, de chegar a A Coruña e ver as bandeirolas, e agora son as miñas, é moi emocionante. Ao principio da semana estaba nervioso porque non vira nada de como estaba a zona, cando cheguei foi unha sensación rara pero como profesional é xenial.
Como foi o proceso creativo á hora de realizar o cartel?
Está basado nun grabador francés que se chama Jean-Jacques Grandville, que ten unha obra que se chama Un autre monde. Tamén hai unha imaxe moi famosa dun pallaso facendo malabares con varias luas. Queen ten un disco que se chama Innuendo, e a cuberta dese disco é ese grabado. Procurei unha certa creatividade asociada ao eclipse á esa imaxe, decidín facer unha versión femenina coa idea das casualidades cósmicas, que a lúa, xirando, consegue poñerse xusto diante do sol, mentres que a terra xira arredor del. Logo cumplín coa cuota de que aparezan elementos da cidade como a Torre de Hércules. A idea de que apareceran as personaxes foi de Manel, acreditado case como director artístico. Manel é o director de Viñetas, pero tamén é ilustrador e editor. Hai moitos pequenos detalles que son del. Facer a tipografía a man foi idea súa, que ao final son esas pequenas cousas que axudan a que a obra teña un aire distinto. Hai imperfeccións, pero ganas en calidade.
Qué é o que mais lle gusta deste certame?
Gústame moito a temática desta edición, que se preste atención á memoria histórica, a loita sindical, as sufraxistas, toda esa carga ideolóxica. Isto asoma que o cómic pode albergar este tipo de contidos. Viñetas ten un balance moi amplio, porque tes aos Simpson que son un icono universal e logo, tes a mezcla perfecta entre autores internacionais con autores galegos. É o primeiro gran salón ao que asisto e dame a impresión de que estoume a perder cousas, porque non me da tempo a velo todo entre as charlas e así, pero estou moi contento.
Nesta edición tamén hai unha exposición centrada no seu traballo. Como organizou a exposición?
O corpo central da expo é a banda deseñada. Manel quería que estivese presente a miña etapa en Golfiño e a de ViraBerzas, que é unha obra que acabou saindo recopilada en álbum, pero agora está descatalogada. Pero el quería que tivese ese punto sentimental, de que era a miña primeira obra galega en orixinal. É unha obra que a vexo moi lonxana e xa non sei se me representa, pero entendo que moitas veces nas sinaturas ou nas charlas hai xente que leu ViraBerzas de nenos e failles ilusión, iso tamén hai que respetalo. O corpo central da exposición é Territorio, o álbum que fixe xunto a David Muñoz. Tamén hai outra historieta curta que fixen con el. A maiores, hai unha pequena parte do meu traballo como ilustrador, de debuxos en papel para evitar a saturación da reproducción dixital.
Está traballando nalgún novo proxecto?
Antes de empezar as vacacións entreguei un libro para a editorial, un exemplar sobre relatos de Colette, a autora francesa. A semana que ven comezo cos diarios de Rutka, unha rapaza polaca que vivía nun gueto, os textos sairon fai pouco, neles contaba todo o que pasaba, e eu vou a ilustrar a súa historia.
Cal é a importancia deste tipo de certames para o mundo da banda deseñada?
É un punto neurálxico, por moito que estemos coas redes sociais ou con correos, o que funciona de verdade é o cara a cara, atopar a xente e que te coñeza, ao final iso é básico. Isto agora mesmo é un concentrado, acabo de cruzarmen cun par de editores. É moi importante pisar os sitios, este é un salón que leva moitas edicións e que funciona moi ben.
- Estrella Galicia demuele un concesionario al lado de su sede en A Coruña para un nuevo uso
- El restaurante de A Coruña elegido para rodar la nueva temporada de ‘Clanes’ de Netflix: 'Buscaban un lugar que recordase a China
- La historia de amor de Hijos de Rivera con un polígono de A Coruña: 'Da vida a espacios en desuso de A Grela y crea otros de referencia
- Abre Marrano en A Coruña, el local informal de tapeo para amantes de la carne a la parrilla: 'Aquí nada de sentarse en una mesa con mantel
- El restaurante que recomienda Martiño Rivas en la guía de Zara por su tortilla: “Todo gira en torno al sabor”
- Despedido el director de una oficina bancaria de la avenida de Fisterra de A Coruña por falsificar firmas de clientes y abrirles tarjetas de crédito para cumplir objetivos
- Problemas detectados en la estación histórica de tren de A Coruña obligan a replantear el final de los trabajos: 'Hay deficiencias que condenan el uso del inmueble
- El bus de A Coruña se podrá abonar con tarjeta de crédito: 'Hay mucha gente que pide hacerlo y hay conductores que acaban pagando billetes