Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Coruña homenaxea ás vítimas do franquismo no Día da Galiza Mártir: “Non haberá unha democracia plena mentres siga existindo un só corpo sen identificar nas cunetas"

A deputada de Igualdade e Dereitos Civís, Sol Agra, e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda reclamaron a oficialidade da data no calendario institucional

Acto de celebración do Día da Galiza Mártir.

Acto de celebración do Día da Galiza Mártir. / Carlos Pardellas

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Coruña

A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a Deputación da Coruña celebraron na Coruña este luns, 17 de agosto, a homenaxe do Día da Galiza Mártir, nun acto celebrado ás 19.00 horas diante do monumento ao líder galeguista na praza de Catro Camiños. Tras as palabras da deputada de Igualdade e Dereitos Civís, Sol Agra, a xornada clausurouse coa actuación musical da cantautora coruñesa Sés. O evento, enmarcado no 50º aniversario da asociación, tivo como obxectivo reivindicar a memoria histórica e solicitar que se oficialice a data no calendario institucional.

90 anos do fusilamento de Alexandre Bóveda

Durante a súa intervención, a deputada lembrou que “hoxe se cumpren exactamente noventa anos do fusilamento de Alexandre Bóveda a mans do fascismo na Caeira, Poio”. Agra salientou que “o 17 de agosto non é un día calquera, senón unha xornada na que a dor se transforma en rebeldía e en memoria viva para render tributo a todas as persoas represaliadas, paseadas nas cunetas, exiliadas ou torturadas por defender a liberdade e a democracia”.

A deputada destacou a figura de Bóveda como motor do Estatuto de Autonomía de 1936 e fío condutor de resistencia galega, lembrando aos Mártires de Carral, Antolín Faraldo, as Irmandades da Fala e a loita clandestina de Moncho Reboiras, asasinado en Ferrol en 1975. Tamén tivo un recordo especial para as mulleres represaliadas polo réxime, os mestres, os mariñeiros, os labregos e os traballadores castigados polo franquismo.

Como responsable da área de Dereitos Civís do goberno provincial, Sol Agra defendeu que o Parlamento de Galicia debería “oficializar o 17 de agosto como o Día da Galiza Mártir”. A deputada advertiu de que “non haberá unha democracia plena mentres siga existindo un só corpo sen identificar nas cunetas ou se continúan a branquear os crimes da ditadura”.

Tracking Pixel Contents