Os caranguexos 'queimacasas' toman o sol por centos nas rochas do Parrote
No cantil entre o castelo de San Antón e a plataforma flotante da Coruña, volveron deixarse ver unha grande cantidade de exemplares

RAC
Nestes últimos días, os viandantes de O Parrote sorpréndense pola aparición de abondosos caranguexos nas rochas entre o castelo de San Antón e a nova plataforma flotante. Aínda que poida chamar a atención, a realidade é que a especie compórtase sempre deste xeito.
Segundo un dos colaboradores do Grupo Naturalista Hábitat da Coruña, Ricardo Ferreiro, este tipo de caranguexos, coñecidos como queimacasas ou Pachygrapsus marmoratus, é unha especie moi frecuente en toda a costa rochosa da península. Estes animais, viven sempre na zona supra-litoral (a que queda descuberta polas mareas) e non baixa máis de dous metros de profundidade, pois o seu hábitat natural adoita ser entre as fendas das rochas.
"Pode ser porque a poboación sexa moi grande e os ocos entre as rochas xa están ocupados, mais para saber se hai máis ou menos habería que facer un estudo da súa poboación, que leva tempo e recursos", subliña Ferreiro, que recoñece que o máis probable é que nos chame a atención sempre nesta época do ano porque é cando imos á praia e coincídenos mirar para eles.
Ferreiro desbota o feito de que os mexillóns da plataforma flotante inflúan na aparición dos caranguexos ou na aparición de novas especies. "Hai que ter en conta que estes animais tardan varios anos en facerse adultos, polo que o cambio na contorna tardaría un tempo en reflectirse neles, mais o que si que pode pasar é que parte desa poboación se desprace cara outra zona", destaca.
- Doce cañones y ametralladoras, más de cien metros de eslora y espacio para helicópteros: la patrullera neerlandesa 'Friesland' atraca en los muelles de A Coruña
- Estrella Galicia demuele un concesionario al lado de su sede en A Coruña para un nuevo uso
- El restaurante que recomienda Martiño Rivas en la guía de Zara por su tortilla: “Todo gira en torno al sabor”
- Abre Marrano en A Coruña, el local informal de tapeo para amantes de la carne a la parrilla: 'Aquí nada de sentarse en una mesa con mantel
- El restaurante de A Coruña que lleva 30 años vendiendo 200 pizzas cada fin de semana: 'No damos abasto
- El restaurante favorito de Javier Gutiérrez cerca de A Coruña perfecto para una escapada gastronómica: 'Una de las mejores ensaladillas
- Inés Rey, sobre la cita en apoyo a Ceuta: 'Es una concentración interesada y que está monopolizando el PP
- Multas y vigilancia en la estación de tren de A Coruña ante los coches que paran para recoger y dejar pasajeros