Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Diversión e música en galego na Festa do Apego no Campo da Leña da Coruña

A iniciativa, enmarcada no programa Apego do servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, inclúe concertos, humor e foliada a partir das cinco da tarde

Imaxe da festa final do programa Apego no Ágora con Caramuxo e Pakolas

Imaxe da festa final do programa Apego no Ágora con Caramuxo e Pakolas / Casteleiro

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Coruña

As familias de A Coruña poderán gozar este venres 28 de agosto no Campo da Leña dunha cita festiva na que se amosará que a diversión e o ocio non entenden de lingua nin de idades. A partir das 17.00 horas, o Concello da Coruña celebra a Festa do Apego, unha iniciativa dentro do programa Apego do servizo de Normalización Lingüística que promove actividades para normalizar e fomentar o uso cotián da lingua galega.

O programa, gratuíto e de entrada libre, comezará co concerto 'Cantaxoga' de Migallas no que se interpretarán cancións dos seus discos Canta connosco! e Pan de millo. A compañía, con María Campos e Carlos Yus, tamén realizará sketchs cómicos en relación coas cancións e ofrecerá un espectáculo para demostrar que o galego ten cabida en todos os estilos musicais.

A xornada complétase cunha foliada a cargo dos artistas Pablo Díaz e Olga Kirk que amosarán unha actuación de música tradicional para maiores e pequenos. A iniciativa pretende axudar á socialización en galego e á transmisión interxeneracional da nosa lingua. "Apego ten o gran valor de cumprir esta labor dun xeito divertido, dinámico e que chega de forma moi eficaz aos rapaces e rapazas", destaca o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.

TEMAS

Tracking Pixel Contents