Mondra, actúa o domingo na romería de Santa Margarita: "O empoderamento da mocidade galega está nas miñas cancións desde o inicio"
Actúa no Anfiteatro do parque da Coruña a partir das 20.00 horas

O cantante Mondra nunha foto promocional. / LOC
No seu disco De Ronda fala do amor propio e o valor da mocidade.
Eu baseo a miña creación, e en xeral a composición, nas miñas vivencias. No momento da escrita deste disco, sentía que tiñan que ser o centro conceptual do proxecto. Era todo o que inspiraba a eses estados corporais, que para min son esas 11 cancións De Ronda. Penso que o empoderamento da mocidade galega está moi presente nas miñas cancións dende o inicio, e ao final une a todas dalgunha maneira.
Como é o proceso creativo de levar as súas vivencias persoais ao papel?
Eu creo que hai unha conexión moi grande cando sentes que algo que estas a vivir tense que converter nunha canción. É algo que sentes dunha maneira moi forte e clara, entón buscas a vía para convertilo nunha canción. Cando escribes os temas, percorres todo o vivido. Cando atopas ese lugar, esa maneira de escribilo e contalo, un equilibrio entre o que é realidade é ficción, atopas un camiño musical, unha melodía e un ritmo. Moi rapidamente colle forma de canción.
Como traballa a fusión de ritmos mais actuáis como o pop e o tecno cos ritmos da música tradicional galega?
Gústame falar de diálogo entre estilos, tendencias e influencias que recibo. Para min esa integración ten que ser o mais natural posible, ten que ter un sentido e que compartan un punto común. Aí é cando o diálogo realmente funciona, para min é algo bastante natural, non busco elementos lonxanos a min, senón que realmente están na miña música. Ademais de medrar no mundo da pandeireta, moi achegado a tradición oral galega, tamén recibín moitas influenzas da música pop e da electrónica. Intento non renegar das cousas que me inflúen.
Este ano sacou duas colaboracións moi potentes. Mazarocas con Baiuca e Que se nos faga de día con De Ninghures.
Foi un ano moi centrado nas colaboracións, eran artistas cos que tiña ganas de traballar desde había moito. Foron traballos moi intensos e con moito diálogo entre os artistas, nos dous casos foi moi gratificante. No caso de Alex (Baiuca), tomamos como punto de partida unhas melodías que andaban na niña cabeza e que tamén no imaxinario de Alex. Foi moi fácil chegar a Mazarocas. Tiñamos claro que queriamos encarnar o espírito do noso pobo, celebrar que a día de hoxe seguimos bailando e cantando. Con De Ninghures conectamos moi rápido. A letra case se escribiu soa, nunha especie de conversa sobre cales eran as sensacións do verán que nos enchían. As melodías saíron moi rápido, e a canción está soando en todas as festas, está sendo moi bonito.
A posta en escea é un dos puntos fortes do seu espectáculo.
A música sempre está no centro do proxecto, pero hai unha chea de dimensións e de mecanismos de expresións que nos permiten elevar a música para que chegue de diversas formas á xente. O movemento, a estética e o audiovisual sempre foron eses camiños para facer un relato mais amplo. Isto sempre estivo moi presente desde que naceu o proxecto, e dalgunha maneira foron creando unha marca arredor diso e a xente conecta con ela. O directo é a dimensión máis importante de todas. De Ronda é un espectáculo no que levamos xirando dúas tempadas, somos 14 persoas que facemos todo o posible para que o espectáculo brille, non sería posible sen todas elas.
Actou varias veces na Coruña. Como lle trata o público coruñés?
A Coruña sempre nos tratou moi ben, son concertos que quedan na memoria. A cidade é lindísima, sempre nos tocaron espazos moi chulos. A primeira vez tocamos foi nos Xardíns de Méndez Núñez e tamén tocamos en María Pita. Levamos dous anos seguidos indo a A Coruña e este é o terceiro que nos toca. Estamos moi contentos, ademais nesta ocasión imos actuar nun dos fogares mais importantes para a música tradicional como é a Romaría de Santa Margarita.
Como está a vivir este momento da música en galego?
É un momento complexo para a lingua e é sorprendente que haxa un proxecto tan grande en música en galego, é algo que temos que celebrar. É esperanzador sentir que hai un factor normalizador dende a música, que posiblemente, sexa a arte con máis alcance. Esta situación danos moita forza para seguir adiante cos nosos proxectos, que paga a pena. Ademais é un orgullo que a nosa lingua sexa rica en todos os estilos.
En que proxectos futuros está a traballar?
Hai moitos secretos que non podo contar, o que podo dicir é que volvemos a carga e facendo nova música. Dende que acabei coas colaboracións estiven traballando no que será o futuro do proxecto. Musicalmente vai habitar un novo lugar, non se parece demasiado nin ao primeiro nin ao segundo disco. Isto vai vir con moita calma porque haberá outros proxectos que marcarán o 2027, e algúns que non teñen que ver coa música.
Que lle diría a xente para que se anime a ir ao seu espectáculo en Santa Margarita?
Santa Margarita é un lugar moi especial. Estamos moi nostálxicos porque so quedan tres concertos, tres rondas en Galicia. Estas actuacións están a ser moi especias porque este disco nos deu moito. Sinto que a De Ronda está sendo moi sentidiña este agosto. Sei que a ronda de Santa Margarita vai estar moi ben porque sempre é unha celebración absoluta, unha homenaxe a música en vivo. Convido a todo o mundo a que ronde canda nós.
- Doce cañones y ametralladoras, más de cien metros de eslora y espacio para helicópteros: la patrullera neerlandesa 'Friesland' atraca en los muelles de A Coruña
- El restaurante de A Coruña que lleva 30 años vendiendo 200 pizzas cada fin de semana: 'No damos abasto
- La estación de buses de A Coruña celebra su último aniversario en uso con la propiedad en disputa entre Xunta y Concello
- El Concello de A Coruña peatonaliza el entorno del Chaflán: suprimirá el tráfico en un tramo de Antonio Viñes y eliminará un sentido en Gregorio Tovar
- Inés Rey ve 'positivo' el debate sobre la estación intermodal de A Coruña: 'A lo mejor la parte del aparcamiento tapa de más la fachada histórica
- El restaurante favorito de Javier Gutiérrez cerca de A Coruña perfecto para una escapada gastronómica: 'Una de las mejores ensaladillas
- Inés Rey, sobre la cita en apoyo a Ceuta: 'Es una concentración interesada y que está monopolizando el PP
- Tanxugueiras evita el boicot de su actuación en Palencia por un grupo de radicales