Redacción.A LarachaO grupo municipal do BNG no Concello da Laracha reprochou ao Goberno local que a páxina municipal en Internet non estea dispoñible en gallego.Os nacionalistas advirten de que a web só se pode consultar en castelán, polo que incumple a Lei de Normalización Lingüística aprobada polo Parlamento galego. "Non sabemos si é por falla de galeguidade do Goberno municipal, por falla de respeto ao noso idioma e ao noso país ou por falla de autoestima do político que dá a benvida en español", subliña o Bloque nun pregunta escrita presentada no rexistro municipal.O BNG asegura que o Concello da Laracha é unha institución "principalmente desgaleguizadora" e que semella que desenvolve unha campaña "dura e constante" contra o galego. O Goberno local afirma, pola súa banda, que cando comezou a funcionar a nova páxina na internet xa se informou de que "en breve espazo de tempo" estaría a disposición dos usuarios a súa versión en galego. "Tamén traballamos para que varias seccións, principalmente a de turismo, poidan ter a súa versión en inglés", destaca o equipo de goberno nun comunicado escrito en galego.Tamén, di entender que o galego é a lingua oficial do Concello e asegura que o Goberno municipal a considera como lingua propia e que sente "un gran respeto de cara a ela". "Mostra de que a nosa intención sempre foi que o galego ocupase un lugar preferente dentro da web é a dirección do novo dominio: www.concellolaracha.com", sinala.Centro de díaA Xunta de Goberno local aprobou o pasado venres a solicitude de subvención á Deputación Provincial da Coruña para a construcción dunha residencia e centro de día para a terceira idade. O importe da axuda pedida é de 1,6 millóns de euros. Tamén se deu luz verde á adxudicación do expediente de consultoría e asistencia para o proxecto da obra do centro social de Paiosaco.