O disco 'Somewhere' lembra a figura da finada Eva Cassidy
A cantante non puido comprobar como os seus discos vendían millóns de exemplares

Foto de Eva Cassidy incluída na portada do álbum. / resistencia
Óscar Losada | A Coruña
A cantante norteamericana non puido saborear o doce do éxito porque a súa repercusión artística tivo lugar despois da súa prematura morte. Un cancro de pel tiroulle a vida cando só tiña trinta e tres anos.
A artista de Washington comezou a súa andaina no folk, tendo influenzas de Bob Dylan, Pete Seeger e Buffy Saint-Marie, pero logo soubo tocar outros estilos musicais, como blues, soul, country e jazz, ofrecendo así unha boa mostra da súa versatilidade vocal. O álbume que vén de saír ao mercado, Somewhere, reflicte perfectamente ese eclecticismo nunha obra na que realiza versións de cancións emblemáticas como o Summertime, creado por Ira e George Gershwin, ou Chain of fools, unha das cumes artísticas do soul. Ten tamén tempo para abordar un par de pezas con arrecendo country, unha delas collendo un tema composto por Dolly Parton, e aproximacións espidas a un repertorio na onda dos cantautores, cun acompañamento sinxelo, só guitarra, ou acompañado por un baixo. Ese instruménto tócao Chris Biondo, produtor da obra e a persoa que viu claramente o talento da artista, xa que apostou fortemente por ela e promocionouna a cada ocasión que tiña. Eva deixou bastantes temas gravados e esa obra inédita foi o soporte para os discos posteriores ao seu falecemento que fixeron dela unha estrela. En vida, a cantante só viu publicado Live at Blues Alley, gravación realizada en directo e da que logo fixeron unha revisión en estudo porque Eva non quedou de todo satisfeita coa súa voz no día do concerto. Ese álbum xa saíu ao mercado logo da súa morte, acontecida en novembro de 1996. Sería dous anos máis tarde, cando o programa de Terry Wogan na BBC logrou espertar a atención da audiencia sobre a estadounidense, que o traballo Songbird chegou a número un das listas británicas e logrou o disco de ouro no seu país. A partir dese momento, a obra de Cassidy tivo outras catro entregas, mesturando material inédito con cancións xa coñecidas. Todas elas lograron unhas vendas superiores ao millón de copias, un éxito espectacular. Dos que eu coñezo, Somewhere é o disco máis interesante na traxectoria da cantante estadounidense porque logra interpretacións intensas dentro dun repertorio ben escollido, optimizado por uns arranxos coidados e medidos.
- Esta era la playa favorita de Jesús Vázquez durante su infancia: a media hora de A Coruña
- La residencia de Eirís, financiada por Amancio Ortega, abrirá a final de año
- El Concello de A Coruña prepara 'una serie de conciertos' en Riazor en 2026 como 'despedida antes de las obras' por el Mundial
- Gonzalo Castro: 'Hay una posición muy negativa de la propiedad del Deportivo que no había en 2022
- El Deportivo, atento al mecanismo de solidaridad por Álvaro Carreras: hasta 375.000 euros extra
- Fallece una mujer y otra resulta herida al ser atropelladas por una furgoneta de reparto de pan
- La mastectomía endoscópica se afianza en el Chuac de A Coruña: «Es mucho menos invasiva»
- Abre Spark81 en A Coruña: el primer espacio de juegos inmersivos en Galicia